mércores, 20 de febreiro de 2019

Las conjunciones y las locuciones conjuntivas


Las interjecciones


Viva Rosalía!


O vindeiro día 24, é o Día de Rosalía de Castro.

Nesta data celebramos e recordamos especialmente o nacemento desta ilustre poetisa galega. Imos comezar os nosos traballos. 






Estades preparados? 

Para comezar, imos a recitar este  fermoso poema: TECÍN SOIA A MIÑA TEA. 



Tecín soia a miña tea,
sembrei soia o meu nabal,
soia vou por leña ó monte,
soia a vexo arder no lar.

Nin na fonte, nin no prado,
así morra coa carrax,
el non ha de virm'a erguer,
el  xa non me pousará.

¡Que tristeza! O vento soa,
canta o grilo ó seu compás...
Ferve o pote... mais, meu caldo,
soíña t'hei de cear.

Cala, rula, os teus arrulos
ganas de morrer me dan;
cala, grilo, que si cantas,
sinto negras soïdás.

O meu homiño perdeuse,
ninguén sabe en onde vai...
Anduriña que pasache
con el as ondas do mar;
anduriña, voa, voa,
ven e dime ond'está.

Rosalía de Castro (1993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia)

domingo, 17 de febreiro de 2019

Encontros lectores cheos de corazón!

O venres celebramos o día do amor e da amizadeee.

Durante  toda a semana, como  padriños e madriñas lectoras, estivemos preparando diversas lecturas para podérllelas ler e interpretar aos nosos afillados. 


E chegou o día, a  hora prevista, baixamos as aulas de infantil de cinco anos e a de segundo de primaria para recoller aos nosos afillados.







De seguido, dirixímonos ao patio e  alí, xunto o resto dos alumnos do cole tivemos  o encontro lector cheo de corazón!





O Equipo de biblioteca, foi o encargado de dinamizar   esta actividade  con moito cariño e ilusión. Graciñas EQUIPO


Magnitudes directamente proporcionales


Proporcionalidad


Practica