xoves, 27 de decembro de 2018

Verbo auxiliar: haber


Merendola e chocolatada

Nada máis rematar o festival, no patio, todo estaba disposto para a merendola!


Pais e nais dos alumnos de 4º e 6ºA prepararon estes postres deliciosos.





Estaban... de vicio! 


E a ANPA coa colaboración de Larsa, que donou o leite,  convidáronnos a un chocolate ben quentiño. Mmmm, que rico estaba!





E para rematar a festa a visita de Papá Noel! Pequenos e grandes desfrutamos un montónnnnn


E... agora a descansar e cargar pilas para o vindeiro trimestre!!!

venres, 21 de decembro de 2018

Ensaios e festival de Nadal

Onte e hoxe foron días de moitos nervios.
O festival que tanto levamos preparando coa profe Rosa, era o momento de polo en escea e aquí está!

Ensaios












Festival


Canto papi, mami, avoa, avó.... 


As presentadoras!! Que ben o fixeron!



Preparados para actuar cos pequerrechos de catro anos





Tamén actuamos cos pequerrechiños de 3 anos



E como non, cos compañeiros de cinco anos!


Sodes xeniais!!! Graciñas, profe Rosaaaa

xoves, 20 de decembro de 2018

Bo Nadal

Xa está apiques de rematar o trimestre. Queda o día máis divertido: festival e chocolatada.
As profes Rebeca e M. José queremos aproveitar esta penúltima entrada no blog para dexarvos a vós e as vosas familias un feliz Nadal.



Aproveitade as vacacións para descansar, rir, xogar, cantar… e estar en boa compañía.

Aquí vos deixamos unhas panxoliñas para que vos animedes a cantarrrrr  




E.... agora este KaraoKe

Recomendacións seguridade infantil en tabletas android e ordenadores

Nos seguintes vídeos tedes un titorial de como descargar unha app que nos permita configurar unha seguridade infantil en tabletas android 




E para configurar  a seguridade infantil nun ordenador preme no enlace 

Cómo activar y configurar el control parental de Windows 10


mércores, 19 de decembro de 2018

Visita o Asteleiro da Pasaxe: Construción do volanteiro guardés

Hoxe tivemos o privilexio de visitar o Asteleiro da Pasaxe, alí puidemos ver en vivo e directo como están construíndo a embarcación tradicional “ volanteiro guardés”.





Antes da saída, estivemos recordando como comezou a súa elaboración,  que materiais  utilizan para a súa construción…


Cando chegamos ao Asteleiro estaban Tito, Tomás,  membros da Asociación Cultural  de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO esperándonos.

Despois de presentarnos, comezaron as súas explicacións que escoitamos con moita atención.


Nós estabamos impacientes e rapidamente comezamos a facerlles preguntas  que foron contestadas unha por unha.

E… algo que non esperabamos. Deixáronnos subir a embarcación! 




Que ben se apreciaban os traballos  minuciosos e que sorpresa levamos, desde abaixo non parecía tan grande como é !!!


Graciñas a Asoción Piueiro por brindarnos a posibilidade desta visita sorprendente, instructiva e que sempre recordaremos na nosa memoria. 

Resumo da actividade



mércores, 12 de decembro de 2018

Practicamos división de fracciones



División de fracciones



As novelas


Teatro: Espantallo amigo

O equipo da biblioteca  en colaboración coa  Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro  ESPANTALLO AMIGO  de Xosé Neira Vilas. 
Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres. 

E... hoxe,  fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!




Esta representación é unha adaptación da obra. 




O espantallo que fixo o Tío Ramón, non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse  uns a outros e fosen amigos.


Cando acada o seu obxectivo, decide  iniciar unha viaxe aproveitando o vento para ver o mundo. Desde  o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres. 
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado  para que poidan pasar un bo inverno.


Durante a representación houbo momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para pensar e reler o libro de novo.



Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!

Bótadelle un ollo ao vídeo!