Información familias

xoves, 31 de maio de 2018

Homenaxe teatral a Mª Victoria Moreno

Hoxe, os alumnos de 5º e 6º de primaria asistimos á representación teatral da adaptación da obra  " Leonardo e os fontaneiros" promovida pola editorial Galaxia como homenaxe a súa autora Mª Victoria Moreno polo Día das Letras Galegas.


A compañía de teatro Ubú, formada por Ana Carreira e Manu Polo, foi a encargada de pola en escena dun xeito moi divertido e entretido.



A historia está protagonizada por Antón e a súa compañeira de clase Begoña, que deciden contarlle as súas  divertidas anécdotas do último curso de escola a Leonardo, un can da rúa que Antón coida como se fose seu.


As aventuras no colexio  que máis nos divertiron e que conseguiron manter a nosa atención foron : as trasnadas dos rapaces, as rifas dos mestres, momentos de tristura que experimentaron á morte do can Leonardo ou da súa mestra Florencia "a galiña"... 



Mirade o resumo!!!

Rematamos a actividade de natación


Este curso, en E. Física tivemos por primeira vez,  unha das actividades que máis nos gusta a todos os nenos e que estabamos desexando que comezara.

O primeiro día fomos moi nerviosos e cun chisco de medo pero... descubrimos que non era para tanto.

Cada día aprendíamos algo novo  e divertido.

Neste vídeo queda un pequeno resumo do que fixemos e do ben que o pasamos!!!



 Para o vindeiro curso seguimos!!!!

¿Cómo calcular el área de los paralelogramos?


Para calcular el área de un paralelogramo, hay que conocer la longitud de la altura y de la base.

El área del paralelogramo es el producto de la base y la altura.
A = b x h






Ejemplo
Un paralelogramo que tiene como base  b=3 cm.

Se mide la altura h=2 cm.


Sabiendo la base y la altura, se calcula el área del paralelogramo mediante su fórmula:
A = b x h
A = 3 x 2 = 6 cm2
Y se obtiene que el área del paralelogramo es de 6 cm2.

martes, 22 de maio de 2018

María Canosa visitounos!!!

Este trimestre estivemos lendo o fantástico libro MURIEL, da escritora MARÍA CANOSA.
Coa súa lectura pasamos momentos moi intensos, fantásticos, misteriosos, intrigantes...

E chegou o momento de coñecer a esta creadora de contos!

Estabamos impacientes e nerviosos esperando a visita de María Canosa, tiñamos todo preparado pero... non daba chegado (eso parecíanos a nós)

Mentres,pensabamos...



Gustaralle a nosa benvida?

E as nosas opinións do libro?

Que nos contará?

Contestará as nosas preguntas?



E...a porta abriuse! Alí estabaaa!




Cremos que lle sorprendeu o corredor que lle tiñamos preparado con nosos libros de Muriel.

O mural, os debuxos e as nosas opinión tamén chamaron a súa atención.


E... empezou a contarnos o importantes que somos para que ela sexa escritora. Que os seus libros deixan de ser dela cando os lemos porque cada un de nós o interpretamos dun xeito diferente.


As nosas preguntas foron contestadas unha por unha. 

Así nos foi desvelando porque escribe,como vai elaborando os seus libros, as personaxes mesmo nos contou que ten un caderno onde anota todo o que se lle vai ocorrendo, a lista de nomes.... e algunha das ideas que lle están rondando na cabeciña.

Escoitámola con moita atención porque o que nos estaba contando o facía con tanta paixón que nos enganchou e nos deixou pasmados!





Como remate da visita asinou cada un dos nosos libros e no libro de visitas da biblioteca!!!



Foi unha vivencia extraordinaria e moi motivadora!!!

            Graciñas María!!!