Información familias

Clasificación das palabras

Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras clasifícanse en agudas, graves, esdrúxulas e sobreesdrúxulas.


AGUDAS


A sílaba tónica é a última sílaba
Paspallás
Café
Muller

GRAVES


A sílaba tónica é a penúltima sílaba

Débil
Carácter
Estoxo
Mesa

ESDRÚXULAS


A sílaba tónica é a antepenúltima sílaba

Lóstrego
Matemáticas
Sílaba


SOBREES-
DRÚXULAS


A sílaba tónica é a sobreantepenúltima sílaba

Fixéronvolo
Atopáronvolo




mércores, 26 de setembro de 2018

Investigamos!

Resultado de imagen de camiño de santiago via lácteaAcabamos de rematar de estudiar o tema do Universo e sabemos que vivimos na Galaxía “ Vía Láctea”

Tamén e coñecida  con outros nomes. Investiga e descúbreos, seguro que levas unha sorpresa!!


A que esperas? Anota todos os datos que creas importantes e...non lle lo contes a niguén. Compartiremos a información o luns, día 1 de outubro.


Infórmate
Xacopedia
Mirando al cielo
Muyhistoria
Astrocantabria

Os xéneros literarios


Os textos literarios clasifícanse segundo as súas características en  tres grandes grupos. Estes grupos chámanse xéneros literarios.


Xénero narrativo: un narrador conta uns feitos que lles acontecen a uns personaxes nun tempo e nun espazo determinados. Soen escribirse en prosa. Ex. novelas, contos,...

Xénero lírico: o escritor expresa os seus sentimentos, emocións ou pensamentos. Soen estar escritos en verso. Ex. poemas.

Xénero teatral: os propios personaxes mostran a súa historia a través do diálogo. Estes  textos están creados para ser representados por uns actores nun escenario ante un público.

sábado, 22 de setembro de 2018