Na función de nutrición teñen lugar varios procesos:
- O noso organismo toma osíxeno do aire e transforma os alimentos que consumimos en substancias máis sinxelas, chamadas nutrientes.
- Nas células, o osíxeno e os nutientes transfórmanse en enerxía para que o noso organismo poida realizar todas as funcións vitais.
- O osíxeno e os nutrientes tamén se transforman en materia, necesaria para que o noso organismo poida crecer e renovarse. Durante todo este proceso, prodúcense substancias de refugallo que expulsamos ao exterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario