Hoxe, convidados polo Concello, no Centro Cultural xunto cos compañeiros de todos os centros da localidade, asistimos a unha charla sobre sexualidad moi interesante.
DE BO ROLLO era o título da charla que foi impartida pola psicóloga, sexóloga e terapeuta Martina González
Díxonos o importante que era a Educación sexual para querernos ben.
Pouco a pouco foinos explicando, con diapositivas e con pequenas maquetas as distintas partes de funcións tanto da vulva como do pene.
O que máis nos gustou foi que nos contestou a cada unha das preguntas que lle fixemos, que por certo, foron moitas e algunha delas moi interesante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario