luns, 28 de xaneiro de 2019

Actividade: Unha marea de xente


Seguindo as indicacións da Comisión de Convivencia, iniciamos a actividade “ Somos unha marea de xente” que vai decorar os corredores do cole.

O primeiro que fixemos foi elixir como iamos facer os bonecos e con que materiais. Decidimos usar materias de reciclaxe: papel de decoración de paredes( catálogos) e pelo dos mostrarios da pelu.

Rapidamente nos puxemos en marcha. Lapis, goma, tesoira e… acción!







Así foi como o fixemos 



Estamos moi satisfeitos do traballo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario