Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín 2018 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín 2018 b>. Amosar todas as publicacións
martes, 6 de novembro de 2018
domingo, 4 de novembro de 2018
As nosas cabazas
Como cada ano, seguindo a invitación do Equipo de Actividades Extraescolares, participamos nas diferentes actividades propostas.
Decorando as nosas cabazas. Unhas orixinais outras terroríficas, e mesmo algunhas divertidas…
Mirade, mirade!
E como non, o día da festa, viñemos disfrazados
xoves, 25 de outubro de 2018
Seguimos traballando na decoración do Samaín!
Esta semana fixemos unha actividade moi especial!
Baixamos a aula de infantil de cinco anos
para traballar con eles. Preparamos unhas pantasmas moi divertidas,
explicámoslle o que tiñan que facer e despois axudámoslles a facela.
Mirade o proceso e o resultado final!!!
Xa na nosa aula, colocámoslle os fíos para colgalas na entrada do cole.
Esta actividade foi moi especial e gratificante para
nós!!!
Mirade o proceso e o resultado final!!!
martes, 23 de outubro de 2018
Preparando o mural de ambientación do Samaín
Xa estamos metidos de cheo cos
preparativos da celebración do Samaín!
Así o fixemos
O Equipo de actividades
extraescolares, encomendounos a tarefa de realizar o mural de ambientación.
Rapidamente nos puxemos mans a obra e
a ratiños fomos realizando esta actividade.
Eliximos a temática, o medo a través das pantasmas,
a técnica: pintura con tizas e difuminado e... a traballar!
mércores, 17 de outubro de 2018
O samaín xa está aqui!!!
Coa chegada do autono a recolleita das castañas e das cabazas e o
preludio dun ritual que anticipa as últimas festividade do ano e o recordo dos
seres queridos que xa non están connosco.
Samhaim ( evolución etimolóxica
Samhaim- Samaím- Samaín) en irlandés designa, " más alá da noite",
porque os celtas consideraban que a noite di 31 de outubro era unha noite moi
perigosa porque as almas dos defuntos podían vir a saldar as súas contas
pendentes. Para espantar a estas almas en pena colocábanse as caveiras dos seus
inimigos caídos en batalla con candeas no seu interior ( antigamente posuír
caveiras do inimigos era o mellor botín, un símbolo de triunfo). Os celtas
crían no máis alá e na conexión de ambos mundos en datas concretas sendo esta
noite a máis importante.
Entre as tradicións máis antergas e con certo arraigo no mundo celta
está o SAMAÍN que no mundo
anglosaxón chámanlle HALLOWEEN.
Esta celebración, de orixe celta, foi
levada polos emigrantes irlandeses a América, pero significa moito máis que
unha noite de medo, é unha celebración moi ligada á natureza e chea de
simbolismo.
Samaín significa fin do verán e
comezo do inverno, era unha das datas máis importantes no calendario celta que
eles chamaban " roda do ano solar"
Samhaim ( evolución etimolóxica
Samhaim- Samaím- Samaín) en irlandés designa, " más alá da noite",
porque os celtas consideraban que a noite di 31 de outubro era unha noite moi
perigosa porque as almas dos defuntos podían vir a saldar as súas contas
pendentes. Para espantar a estas almas en pena colocábanse as caveiras dos seus
inimigos caídos en batalla con candeas no seu interior ( antigamente posuír
caveiras do inimigos era o mellor botín, un símbolo de triunfo). Os celtas
crían no máis alá e na conexión de ambos mundos en datas concretas sendo esta
noite a máis importante.
Segundo
as investigacións do mestre López Loureiro, sabemos que esta tradición
estendeuse por toda a xeografía céltica europea
e no caso de España concretamente en Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi cambiada polas
cabazas con candeas acesas e deste xeito
nunha festa de outono, algo que
poderíamos definir como un Antroido de medo. O Samaín foi levado polos
emigrantes a terras americanas e de aí a súa evolución a Halloveen. polo tanto
Samaín e Halloween teñen unha raíz irlandesa común.
Uns séculos máis tarde a igrexa católica quixo
cristianizar esta festa pasando a celebrarse o Día de Defuntos. En Galicia
celebramos ambas costumes.
Pero... xa que tamén estamos traballando no Proxecto "Vive o Camiño", hai algún elemento común entre estes dous temas tan dispares?
Investiga!!!
mércores, 10 de outubro de 2018
O Samaín
Xa
temos ás portas o Samaín! Cabazas,
arañas, bruxas, pantasmas... están por todas partes.
O vindeiro 31 de novembro celebrarémolo dun xeito especial, polo que estamos cos preparativos.
Sabedes por que se celebra esta festa?
O vindeiro 31 de novembro celebrarémolo dun xeito especial, polo que estamos cos preparativos.
Sabedes por que se celebra esta festa?
Para metervos no tema e pasalo de medo, estes recursos e xogos !!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





