Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 5 C. Sociais 6º b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 5 C. Sociais 6º b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 24 de febreiro de 2019
O sector terciario ou de servizos
Está formado por todas as actividades
dedicadas a ofrecer servizos como:
- AS COMUNICACIÓNS: Serven para
transmitir mensaxes a grandes distancias a través do teléfono ou o correo
electrónico. Tamén a prensa, a radio, a televisión e Internet transmiten con
rapidez información sobre o que sucede no mundo.
- O TRANSPORTE: Permite trasladar
persoas, animais e mercadorías. Clasifícanse en terrestres, acuáticos e aéreos.
- A SANIDADE: Comprende todos os
servizos destinados ao coidado da nsoa saúde. Lévase a cabo en hospitais e
ambulatorios.
- A EDUCACIÓN: Realízase en centros
educativos onde se imparten coñecementos aos alumnos.
- O COMERCIO: Permítelle aos consumidores
adquirir bens e servizos mediante a súa compra. Pode ser interior (realízase
dentro do propio país) ou exterior (ten lugar entre diferentes países). No
comercio exterior chámase imortación á adquisición de produtos procedentes
doutros países e exportación á venda de produtos nacionais a países
estranxeiros.
- O TURISMO: Proporciona servizos as persoas
que se desprazan a outros lugares normalmente durante o seu tempo de lecer.
Pode ser: * Turismo de sol e praia: Ten lugar en zonas de costa con clima
agradable como a costa mediterránea. * Turismo cultural: Ten como obxectivo
visitar lugares de interese como catedrais, sitios arqueolóxicos ou museos. *
Tursismo rural: Desenvólvese en aldeas onde se pode gozar da natureza e da
paisaxe. Os servizos poden ser públicos (creados e xestionados polas
administración públicas para que todos os cidadanos podan disfrutar deles como
a sanidade e a educación) ou privados (xestionados por empresas privadas co fin
de obter beneficios económicos)
venres, 22 de febreiro de 2019
Repasamos o sector secundario
Está formado por todas as actividades
que transforman as materias primas en produtos elaborados. As principais
actividades deste sector son:
- A INDUSTRIA: É a actividade principal do
sector secundario. Empezou en Inglaterra no século XVIII coa Revolución
Industrial. Hai tres tipos de industrias:
• INDUSTRIA
DE BASE: Transforma as materias primas en produtos semielaborados que se
utilizan para conseguir outros produtos. Ex. Industria metalúrxica (transforma
minerais en metais), industria química (transforma materias primas en produtos
químicos) e industria petrolífera (transforma o petróleo en gasolina e
plástico).
• INDUSTRIA
DE BENS DE EQUIPO: Transforma os produtos semielaborados noutros produtos
útiles para as industrias. Ex. Industria mecánica (crea maquinaria) e a
industria téxtil (crea tecidos).
• INDUSTRIA
DE USO E CONSUMO: Transforma os produtos semielaborados en produtos para o seu
consumo. Ex. Industria alimentaria (elabora alimentos) e a Industria da
construcción (crea maquinaria para obras).
- A
ARTESANÍA: Antes da Revolución Industrial era a forma de fabricar obxectos e bens. A
súa produción e moi escasa. Diferénciase da fabricación industrial en que
require poucos investimentos e non precisa maquinaria. A súa produtividade é
moi baixa.
- A
CONSTRUCIÓN: Está especializada na realización de edificios e obras de
enxeñería como pontes e estradas.
- A
PRODUCIÓN DE ENERXÍA: Lévase a cabo en:
Centrais hidroeléctricas (crean electricidade a partir da auga), centrais
termoeléctricas (crean electricidade a partir da calor producida pola combustión de petróleo, gas natural ou carbón),
centrais nucleares (crean electricidade a partir de combustibles nucleares como
uranio ou plutonio), parques solares (crean electricidade a partir da enerxía
do sol) e parques eólicos (crean electricidade a partir da enerxía do vento).
Repasamos sector primario
O sector primario está formado por
todas as actividades que obteñen recursos naturais directamente da natureza.
As principais actividades deste
sector son:
-
A PESCA: consiste na captura de especies acuáticas para a súa
explotación comercial. Pode ser: de baixura (realízase preto da costa e emprega
barcos pequenos) ou de altura (realízase moi lonxe da costa- mar a fóra - e emprega barcos grandes). Na actualidade hai
sobrepesca por iso algún peixes como o bacallau está en perigo de extinción.
-
A AGRICULTURA: É o cultivo da terra para obter alimentos como
hortalizas,e cereais. Pode ser: de secaño (se só depende da auga da choiva por
exemplo cerais, vide e oliveira) ou de regadío (se o agricultor achega auga de
xeito artificial a través de sistemas de rega por exemplo hortalizas e
froitas). Nos últimos anos nalgúns países desenvólvese a agricultrua biolóxica
ou ecolóxica na que non se utilizan substancias químicas.
-
A GANDERÍA: consiste na cría de
animais domesticados para obter produtos como carne, la, leite, ovos,… Pode
ser: extensiva (lévase a cabo en espazos abertos, ten
baixa produtividade e require pouco investimento) e intensiva (está moi
tecnificada grazas a grandes investimentos, a produtividade é maior). No 2003
promulgouse en Europa a Lei de Sanidade Animal que protexe aos animais
transportados e almacenados.
-
A MINERÍA: Consiste en extraer
metais e minerais da codia terrestre. Pode ser: ao descuberto (os materiais
están pretos da superficie) ou subterránea (hai que escavar pozos e galerías
para chegar ao material.Na actualidade ten un grande
impacto no medio natural e os materiais que se extraen son moi contaminantes.

venres, 15 de febreiro de 2019
xoves, 31 de xaneiro de 2019
Tema 5 C. Sociais
Tema 5 C. Sociais | Os sectores económicos |
A economía | Os sectores económicos LIM: La actividad económica LIM: Europa, economía El trabajo y la economía |
O sector primaria | LIM: Sector primario |
O sector primario en Europa e España | LIM: O sector primario en Europa |
O sector secundario | La industria alimentaria LIM. sector secundario LIM El sector secundario en Europa |
O sector terciario | O sector terciario ou de servizos LIM: Sector servizos |
A importancia do turismo no sector terciario turístico | |
REpaso | Repasamos o sector primario Repasamos o sector secundario |
Autoavaluación |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)