Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre Sociais 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2º Trimestre Sociais 6º. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de febreiro de 2019

LIM: El sector servicios


O sector terciario ou de servizos




Está formado por todas as actividades dedicadas a ofrecer servizos como:

- AS COMUNICACIÓNS: Serven para transmitir mensaxes a grandes distancias a través do teléfono ou o correo electrónico. Tamén a prensa, a radio, a televisión e Internet transmiten con rapidez información sobre o que sucede no mundo.

- O TRANSPORTE: Permite trasladar persoas, animais e mercadorías. Clasifícanse en terrestres, acuáticos e aéreos.

- A SANIDADE: Comprende todos os servizos destinados ao coidado da nsoa saúde. Lévase a cabo en hospitais e ambulatorios.

- A EDUCACIÓN: Realízase en centros educativos onde se imparten coñecementos aos alumnos.

 - O COMERCIO: Permítelle aos consumidores adquirir bens e servizos mediante a súa compra. Pode ser interior (realízase dentro do propio país) ou exterior (ten lugar entre diferentes países). No comercio exterior chámase imortación á adquisición de produtos procedentes doutros países e exportación á venda de produtos nacionais a países estranxeiros.

 - O TURISMO: Proporciona servizos as persoas que se desprazan a outros lugares normalmente durante o seu tempo de lecer. Pode ser: * Turismo de sol e praia: Ten lugar en zonas de costa con clima agradable como a costa mediterránea. * Turismo cultural: Ten como obxectivo visitar lugares de interese como catedrais, sitios arqueolóxicos ou museos. * Tursismo rural: Desenvólvese en aldeas onde se pode gozar da natureza e da paisaxe. Os servizos poden ser públicos (creados e xestionados polas administración públicas para que todos os cidadanos podan disfrutar deles como a sanidade e a educación) ou privados (xestionados por empresas privadas co fin de obter beneficios económicos)



venres, 22 de febreiro de 2019

Repasamos o sector secundario





Está formado por todas as actividades que transforman as materias primas en produtos elaborados. As principais actividades deste sector son:

 - A INDUSTRIA: É a actividade principal do sector secundario. Empezou en Inglaterra no século XVIII coa Revolución Industrial. Hai tres tipos de industrias:

       INDUSTRIA DE BASE: Transforma as materias primas en produtos semielaborados que se utilizan para conseguir outros produtos. Ex. Industria metalúrxica (transforma minerais en metais), industria química (transforma materias primas en produtos químicos) e industria petrolífera (transforma o petróleo en gasolina e plástico).

       INDUSTRIA DE BENS DE EQUIPO: Transforma os produtos semielaborados noutros produtos útiles para as industrias. Ex. Industria mecánica (crea maquinaria) e a industria téxtil (crea tecidos).

       INDUSTRIA DE USO E CONSUMO: Transforma os produtos semielaborados en produtos para o seu consumo. Ex. Industria alimentaria (elabora alimentos) e a Industria da construcción (crea maquinaria para obras).

 -     A ARTESANÍA: Antes da Revolución Industrial era a forma de fabricar obxectos e bens. A súa produción e moi escasa. Diferénciase da fabricación industrial en que require poucos investimentos e non precisa maquinaria. A súa produtividade é moi baixa.

 -     A CONSTRUCIÓN: Está especializada na realización de edificios e obras de enxeñería como pontes e estradas.

-      A PRODUCIÓN DE ENERXÍA: Lévase a cabo en: Centrais hidroeléctricas (crean electricidade a partir da auga), centrais termoeléctricas (crean electricidade a partir da calor producida pola combustión de petróleo, gas natural ou carbón), centrais nucleares (crean electricidade a partir de combustibles nucleares como uranio ou plutonio), parques solares (crean electricidade a partir da enerxía do sol) e parques eólicos (crean electricidade a partir da enerxía do vento).



Repasamos sector primario






O sector primario está formado por todas as actividades que obteñen recursos naturais directamente da natureza.

As principais actividades deste sector son:

-     A PESCA: consiste na captura de especies acuáticas para a súa explotación comercial. Pode ser: de baixura (realízase preto da costa e emprega barcos pequenos) ou de altura (realízase moi lonxe da costa- mar a fóra -  e emprega barcos grandes). Na actualidade hai sobrepesca por iso algún peixes como o bacallau está en perigo de extinción.

-  A AGRICULTURA: É o cultivo da terra para obter alimentos como hortalizas,e cereais. Pode ser: de secaño (se só depende da auga da choiva por exemplo cerais, vide e oliveira) ou de regadío (se o agricultor achega auga de xeito artificial a través de sistemas de rega por exemplo hortalizas e froitas). Nos últimos anos nalgúns países desenvólvese a agricultrua biolóxica ou ecolóxica na que non se utilizan substancias químicas.

-    A GANDERÍA: consiste na cría de animais domesticados para obter produtos como carne, la, leite, ovos,… Pode ser: extensiva (lévase a cabo en espazos abertos, ten baixa produtividade e require pouco investimento) e intensiva (está moi tecnificada grazas a grandes investimentos, a produtividade é maior). No 2003 promulgouse en Europa a Lei de Sanidade Animal que protexe aos animais transportados e almacenados.

-  A MINERÍA: Consiste en extraer metais e minerais da codia terrestre. Pode ser: ao descuberto (os materiais están pretos da superficie) ou subterránea (hai que escavar pozos e galerías para chegar ao material.Na actualidade ten un grande impacto no medio natural e os materiais que se extraen son moi contaminantes.

-    A SILVICULTURA: é o aproveitamento e coidado dos bosques para obter madeira, cortiza, froitos,… En España é moi importante a repoboación forestal que permite reducir a desertificación (degradación do chan ata que non é fértil) e os incendios.





xoves, 31 de xaneiro de 2019

LIM: O sector primario en Europa


LIM: El sector primario


Tema 5 C. Sociais

Tema 5 C. SociaisOs sectores económicos
A economíaOs sectores económicos
LIM: La actividad económica
LIM: Europa, economía
El trabajo y la economía
O sector primariaLIM: Sector primario
O sector   primario en
Europa e España
LIM: O sector primario en Europa 
O sector secundarioLa industria alimentaria
LIM. sector secundario
LIM El sector secundario en Europa 
O sector  terciarioO sector terciario ou de servizos
LIM: Sector servizos
A importancia do turismo
no sector  terciario turístico

REpasoRepasamos o sector primario
Repasamos o sector secundario
Autoavaluación 

LIM: Europa economía


Los sectores económicos


LIM: A actividade económica