| Tema 4 Lingua Galega | |
| Contidos | Contidos |
| A noticia | Partes dunha noticia |
| Vocabulario: As palabras homófonas | Palabras homófonas |
| Gramática: Os adxectivos Graos do adxectivo | Como se recoñece un adxectivo? Os graos do adxectivo LIM: O adxectivo |
| Ortografía: A acentuación: ditongos e hiatos | Os ditongos e os hiatos LIM: Acntuación de ditongos e hiatos Practicamos acentuación de ditongos e hiato |
| Elementos da narración | |
| Repaso | Repasamos os adxectivos |
Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
Amosando publicacións coa etiqueta 1º Trimestre Galego b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1º Trimestre Galego b>. Amosar todas as publicacións
martes, 28 de novembro de 2017
Tema 4 Lingua galega
luns, 27 de novembro de 2017
Os ditongos e hiatos
Ditongo é a unión
de dúas vogais na mesma sílaba, pode estar formado por unha vogal forte ou
aberta (a,e,o) e unha pechada ou débil (i, u): feira, maula, moito ou por
dúas pechadas ou débiles (i, u): azuis,
viviu. En canto á acentuación, séguense
as regras xerais: escóitame,
atención.
Hiato está formado por dúas vogais que están xuntas pero forman sílabas diferentes. Estas vogais poden ser dúas abertas: bacallau ou unha aberta e outra pechada que sexa tónica: Raúl. En canto á acentuación, se son dúas vogais abertas, seguen as regras xerais: Xoán; no caso de vogal aberta e pechada tónica, a vogal pechada levará sempre acento, aínda que por las normas xerais non deberan levalo: María
Despois de ler detidamente e aprender estes conceptos realiza no teu procesador de textos estas actividades:

1.- Explica con palabras túas os conceptos de ditongo e
hiato.
2.-Como se acentúan os ditongos e os hiatos?
3.-. Separa as sílabas destas palabras e despois clasifícaas en ditongos e hiatos:
lúa: raíz: baúl: ourizo: cadea: gaivota: xersei: froita:
DITONGOS:
HIATOS:
4.- Pon acento ás palabras que deban levalo e di se son agudas (A), graves (G) ou esdrúxulas (E):
náufrago (E), despois (),trailer (), farmaceutico (), aeronautica (), terapeuta (), beisbol (), inicial (), axouxere (), vasoira (), feira (), vacaloura (), saude (), sobresainte ().
5.- Completa o seguinte texto poñendo i ou u , con ou sen acento gráfico:
hab_a un home fachendoso que tiña mo_tos fumes. Sa_anlle polo nariz, pola boca..., en certa ocas_ón atopo_se cunha muller mo_ fermosa e quixo impres_onala. Fumaredas mestas manaban polos poros da s_a pel. Ela asusto_se e sa_u correndo. O home parec_a unha forgue_ra en plena r_a. Acudiron os bombe_ros e ba_xáronlle os fumes. O home quedo_ fr_o e fe_to un pingallo.
6.- Explica por que levan acento gráfico estes pares de palabras:
Rachou a saia cando saía do coche. Marchou cos pais a outro país.

xoves, 26 de outubro de 2017
luns, 23 de outubro de 2017
Clasificación das palabras: agudas, graves e esdrúxulas
Segundo a posición da sílaba
tónica, as palabras clasifícanse en agudas, graves, esdrúxulas e sobreesdrúxulas.
AGUDAS
|
A sílaba tónica é a última
sílaba
|
Paspallás
Café
Muller
|
GRAVES
|
A sílaba tónica é a penúltima
sílaba
|
Débil
Carácter
Estoxo
Mesa
|
ESDRÚXULAS
|
A sílaba tónica é a
antepenúltima sílaba
|
Lóstrego
Matemáticas
Sílaba
|
SOBREESDRÚXULAS
|
A sílaba tónica é a
sobreantepenúltima sílaba
|
Fixéronvolo
Atopáronvolo
|
O regulamento
Un regulamento é un conxunto de normas cuxo obxectivo é asegurar o bo funcionamaento das actividades e facilitar a convivencia. Cada norma escríbese nun parágrafo diferente, os parágrafos poden estar numerados.
Clase de enunciado
Segundo a intención do falante os enunciados poden ser:
TIPO
|
CARACTERÍSTICAS
|
EXEMPLO
|
Enunciativas:
Afirmativas ou negativas
|
Dan unha información
Afirman ou negan algo
|
Os mexilóns están bos
Hoxe non temos frío
|
Interrogativas
|
Plantexan unha pregunta sobre algo ou alguén.
|
A onde fuches onte?
|
Exclamativas
|
Expresan sentimentos: medo, alegría, sorpresa
|
Coidadiño o cruzar!
|
Imperativas ou exhortativas
|
Serven para dar ordes ou instrucións.
|
Pasa, por favor
|
O texto
O texto é a unidade maior de comunicación con sentido completo.
Os textos poden ser orais ou escritos.
Os textos escritos divídense en partes máis pequenas chamadas parágrafos
Cada parágrafo normalmente expresa unha idea e cada un deles sepáranse por puntos e á parte.
Le o seguinte texto e indica cantos parágrafos ten.

luns, 16 de outubro de 2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)