Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz 2019. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xaneiro de 2019

Celebramos o Día da Paz

Estes días estivemos elaborando unas receitas para a Paz.
Comezamos falando sobre os ingredientes necesarios para conseguir un ambiente libre de violencia: compañerismo, axuda, compartir, tolerancia, respecto, cooperación, aloumiños, diálogo, comprensión, amor….
Todo isto serviunos para recordar que temos que aceptar e respetar ao diferente, ao que pensa diferente, ao que non lle gustan os nosos xogos… 




Logo escribimos as receitas e fixemos un mural para colocalas. 






E que mellor día que o Día da Paz para rematar o mural!




Seguimos celebrando o Día da Paz, xuntámonos no patio cos compañeiros do cole.




E, todos xuntiños cantamos  a canción “ Somos unha marea de xente” de Macaco.

Botádelle un ollo aos vídeos!!!





Estamos satisfeitos porque despois de tanto ensaiar na aula o resultado con todos os compañeiros foi xenial!


E así rematamos a celebración: bicos e abraciños.


luns, 28 de xaneiro de 2019

Actividade: Unha marea de xente


Seguindo as indicacións da Comisión de Convivencia, iniciamos a actividade “ Somos unha marea de xente” que vai decorar os corredores do cole.

O primeiro que fixemos foi elixir como iamos facer os bonecos e con que materiais. Decidimos usar materias de reciclaxe: papel de decoración de paredes( catálogos) e pelo dos mostrarios da pelu.

Rapidamente nos puxemos en marcha. Lapis, goma, tesoira e… acción!







Así foi como o fixemos 



Estamos moi satisfeitos do traballo. 

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Preparando a celebración do Día da Paz


A comisión de Convivencia do cole, ten unhas actividades organizadas para celebrar a conmemoración do Día Internacional da Paz.
Pero... precisa da nosa colaboración para poder levalas a cabo.

Unha das actividades será a canción: Unha marea de xente de Macaco.



Temos que memorizala e escenificala con movementos e xestos sinxelos. Será semellante a este vídeo. Estade ben atentos!! E a practicarrrr



Farémolos ensaios nas horas de ler.

Tamén nos convidan a facer unos monecos  semellantes a este
co fin de decorar os corredores do centro. 
TEn que ter un tamaño aproximado de medio folio e podedes decoralos ao voso gusto. 



martes, 22 de xaneiro de 2019

Mural da Paz

Estes días estivemos falando sobre a Paz e a súa importancia nas nosas vidas.

O punto de partida foi a pregunta: Que é para ti a Paz?

Fomos escribindo as nosas ideas, logo debatemos sobre o escrito e chegamos a conclusión da importancia que teñen o respecto e a tolerancia para vivir en Paz.

De seguido, comezamos a deseñar e elaborar o mural.













Así o fixemos!