martes, 31 de outubro de 2017

A Idade Media I


Tema 5 Sociais. A Idade Media

Tema 5 C. SociaisA idade Media
O longo período medievalCanto durou a Idade Media?
A Idade Media, os pobos xermánicos

A sociedade medievalO feudalismo e a sociedade medieval
Organización social na Idade Media
Como se vivía na Idade Media
A Idade Media en dez minutos
A chegada dos visigodos e os
musulmáns
Que foi o reino de Toledo?
Que foi Al-Andalus?
Como se vivía en Al-ándalus?
Os novos reinos cristiánsOrixe e formación dos reinos cristiáns
Sitúa cada reino cristiá 
LIM: Os reinos cristiáns
Os Reis Católicos

A cultura nos reinos cristiánsComo se vivía nos reinos cristiáns
Por que xa non falamos latín?
Unha cultura moi relixiosa
O románico
O gótico

Unha época de guerra e convivencia
Repaso
Curiosidades

A Idade Media en dez minutos
Esquema
A idade Media I
Curiosidades
Como se divertían na Idade Media
Orígenes del culto al Apostol Santiago
Autoavaluación LIM: A Idade Media
Canto sabes da Idade Media?

sábado, 28 de outubro de 2017

LIM: Las palabras esdrújulas


LIM: La tilde en las palabras llanas


LIM: La tilde en las palabras agudas


El acento


O gótico


A arte gótica desenvolveuse nas cidades na Baixa Idade Media.
O rexurdir das cidades e o diñeiro do comercio dos burgueses permitiu a construción de grandes catedrais e edificios civís: sobre todo os pazos, casas do concello, lonxas, hospitais, universidades...

No gótico a imaxe de Deus é máis humana e misericordiosa. Foi un arte máis naturalista e realista.

Na arquitectura gótica destaca a ansia de elevar os edificios, de verticalidade ( ansia de Deus, de tocar o ceo) e o afán pola luz. Os muros perden a función de soporte e son reemprazados por vidreiras.

As características fundamentais son:

Elementos de soporte:
Muros de pedra lixeiros e reemprazados por vidreiras. Dan aos edificios unha imaxe de lixeireza e que  no seu interior haxa moita luz.
Os pilares e columnas adelgazan.
Os contrafortes sepáranse dos muros e sobre eles  se apoian os  arcobotantes.




Elementos soportados:
Arco apuntados ou oxivais,
Bóvedas de crucería, formada polo cruce de varios arcos apuntados e que descansan sobre finas columnas, que transmiten o peso das cubertas aos arcobotantes e contrafortes.




Planta de cruz latina coa nave central moi elevada e coa cabeceira moi desenvolvida. Poden chegar a ter ata cinco naves ou máis.



venres, 27 de outubro de 2017

Proxecto táctil

Onte fomos ao Centro Cultural para participar no Proxecto táctil. Esta actividade foi moi divertida e útil para facernos conscientes da importancia que teñen os nosos sentidos.


O románico

A presenza da igrexa cristiá na vida da Alta Idade Media ten a súa parte máis visible na arte románica. O románico ( S XI - XIII) chamado así porque recordaba a arte romana, pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.

Podemos ver o románico tanto en igrexas pequenas e grandes templos ou nos mosteiros.

Características  propias do románico

Elementos de soporte:
Muros  de pedra grosos con escasas ventás e aberturas.
Pilares e columnas con capiteis decorados.
Contrafortes: pilares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das cubertas.

Elementos soportados:
Arcos de medio punto ( media circunferencia)
Bóveda de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.
Pinturas e esculturas con cores.

Planta
Planta de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal. Normalmente ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.



Planta basilical: Un só brazo, lembrando ás basílicas romanas.



xoves, 26 de outubro de 2017

LIM: Localización de un punto


Formación de xénero e número


LIM: El número de los sustantivos


El número de los sustantivos


El género y el número de los nombres


Selecciona y clasifica los siguientes nombres


Analiza los sustantivos


Xosé Tomás na biblioteca!!!

Por fin chegou o gran día da biblioteca!
Arrancamos coa primeira das actividades propostas para a celebración do Día das Bibliotecas Escolares: A visita do ilustrador Xosé Tomás!!!!!
Clica na imaxe para ver e recordar este día tan especial!



El género del sustantivo: Actividades


LIM: El género del sustantivo


El género de los sustantivos












Unha cultura moi relixiosa


Na Europa medieval estaban presentes tres relixións: cristiá, xudea e musulmá. Pero destas tres, a maioritaria e a que máis influencia tivo foi a cristiá.

A igrexa xogaba un importante papel na cultura medieval. Os monxes dos mosteiros eran os verdadeiros gardiáns da cultura. Nas súas bibliotecas, os monxes copistas copiaban texto relixiosos, científicos, filosóficos... eran os códices. Moi coñecido é o Códice Calixtino da Catedral de Santiago, que inclúe unha especie de guía de viaxe para o peregrino.


Por outra banda a sociedade cristiá er moi relixiosa. Ademais de mosteiros para o clero, en cada aldea e cidade construíase unha igrexa de pequeno tamaño ou unha gran catedral.

As igrexas decorábanse con esculturas e pinturas de historias sagradas para que os fieis menos cultos puideran entender a biblia como un libro ilustrado.

As normas para construír impoñíaas a igrexa.

Os dous estilos principais foron o románico ( partiu da Abadía de Cluny, Francia) e o gótico (partiu desde o mosteiro de Citeaux e os seus monxes cistercienses)

Polo tanto, a arte da Idade Media ten unha motivación relixiosa e cristiá.

mércores, 25 de outubro de 2017

Por que xa non falamos latín?

Nos reinos cristiáns só o clero e a nobreza dominaban o latín. O clero era o estamento máis culto e conservaban grandes bibliotecas nos mosteiros.




A comezos da Idade Media a maioría da poboación falaba un latín vulgar que se foi mesturando coas  linguas europeas que se falaban en cada lugar e deron lugar a outras linguas novas: francés, portugués, catalán, galego... Estas novas linguas chámanse linguas románicas, e, delas a máis falada hoxe no mundo é o castelán.

Pasado un tempo estas linguas foron impoñéndose ao latín.


martes, 24 de outubro de 2017

LIM: O globo terráqueo


LIM: Representacións da Terra


As representacións da Terra


Representacións da Terra


Coñecendo ao ilustrador Xosé Tomás

Estes días andivemos investigando quen era o ilustrador Xosé Tomás, o autor do cartel do cartel das bibliotecas escolares, deste ano 2017.
Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, quixemos celebralo deste xeito


Primeiro observamos algúns dos libros que ten ilustrados e que estaban na biblioteca do cole. Refollamos cada un deles e fixámonos en cada unha das súas ilustracións. 

Que chulas e divertidas!

                   Como nos gustaron!!!



Que maravilla de debuxos!!

E para rematar, entre todos, contamos o que investigaramos sobre a súa biogafía, obras e tamén preparamos unhas preguntas para facerlle mañá.




Jugamos