Nas poboacións dos reinos cristiáns
da nosa península viviase da agricultura e da gandería ovina, o comercio era
moi, moi limitado.
Os reinos cristiáns do norte, a
medida que ían avanzando cara o sur, víronse obrigados a repoboar os
territorios tomados aos musulmáns. Esta repoboación beneficiou a diferentes
grupos sociais.
Os reis aumentaban os territorios
sobre os que exercían o seu poder e conseguían vasalos.
Os nobres recibían novas terras e
aumentaban así o seu prestixio e as súas riquezas.
Os monxes fundaban mosteiros e predicaban
o cristianismo nos novos territorios.
Os labregos que repoboaban un
territorio conseguían terra propias que podían traballar.
Ademais de repoboar, era importante defender os territorios para evitar novas invasións. Por iso, os cristiáns que se instalaron nas cidades musulmáns mantiveron o alcázar e as murallas como elementos defensivos.
Cando se formaron novas cidades, tamén se fortificaban con murallas e se construía un castelo. Nas pequenas poboacións tamén se construíron fortalezas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario