luns, 23 de outubro de 2017

Que foi Al-Ándalus?

O Islam é a relixión dos musulmáns. Cren nun único Deus, Alá e no seu profeta Mahoma. O seu libro sagrado é o Alcorán.

Tras a morte de Mahoma, un imperio islámico estendeuse desde a India ao norte de África, no século VIII os musulmáns  comezaron a invadir España e crearon un reino que chamaron Al- Ándalus.



A evolución de Al_Ándalus
  •  711 -756 Tras derrotar o último rei visigodo, Don Rodrigo, na batalla de Guadalete, fúndase unha provincia do Imperio musulmán en Al-Ándalus: O emirato dependente de Córdoba. Obecede directamente ao califa de Damasco, máximo líder relixioso e político do Imperio. 






  • 756 - 929 O califa de Damasco e a súa familia son asasinados. Abderramán I sobrevive e foxe a Al- Ándalus, onde  se proclama emir independente do novo califa musulmán en cuestións políticas.
  • 929 - 1031 O emir Abderramán III proclámase califa, e a independencia relixios.  O califato de Córdoba foi unha época de esplendor cultural.
  • 1031 - 1212 As loitas internas acaban co califato, que se divide en reinos chamados taifas. Novos exércitos musulmáns chegan de África, pero son derrotados polos cristiáns nas Navas de Tolosa.
  • 1212 - 1492 Os cristiáns continúan conquistando territorios musulmáns, ata que en 1492 conquistan o último reino andalusí: o reino de Granada.








Ningún comentario:

Publicar un comentario