A asociación Avelaíña, vai celebrar
mañá, día 10 de outubro, o Día
Mundial da Saúde Mental e o seu 20 aniversario como asociación que axuda a
persoas con enfermidade mentais da zona do Baixo Miño e Val MIñor.
Dentro so seu programa de celebración, convidáronnos a participar,con
eles, nunha marcha que se vai levar a
cabo desde o noso cole ata a praza do
Concello. Alí colocarán unha pancarta conmemorativa.
Despois iremos o auditorio de San Benito para ver a actuación do grupo
Perseide.
Pero sabedes que é a saúde mental? Quen a padece? Por que se padece?
Creo que debemos investigar un chisco para sabelo, verdade?
Adiante con esa invetigación!
Este é o vídeo anuncio do Día Mundial da Saúde Mental deste ano
Este é o vídeo anuncio do Día Mundial da Saúde Mental deste ano
Ningún comentario:
Publicar un comentario