Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Saúde Mental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial da Saúde Mental. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de outubro de 2017

Celebramos xunto coa A Asociación Avelaíña o seu 20 aniversario e o Día Mundial da Saúde Mental

Celebramos xunto coa A Asociación Avelaíña o seu 20   aniversario e  o Día Mundial da Saúde Mental

Baixo o lema " TES UN PAPEL NA NOSA HISTORIA" iniciamos unha marcha usuarios, persoal  e familiares do centro Avelaíña,  alumnos IES A Sangriña, do centro  San Xerome Emilini, e do  CEIP A Sangriña cara o Concello.














Alí fomos recibido polo Alcalde Antonio Lomba e as Conselleiras de Cultura e Asuntos Sociais.

Na balconada colocouse un cartel conmemorativo deste día. Escoitamos con atención a presidenta da asociación e a o Sr. Alcalde e o Xerente da Asociación Avelaíña Rafael Álvarez.

A continuación dirixímonos cara o Auditorio de San Benito, onde o Grupo  Perseide,  deunos un concerto no que participamos cantando e bailando.




Foi unha xornada marabillosa, enriquecedora e fantástica na que o pasamos xenial!!!

luns, 9 de outubro de 2017

Investigamos sobre a saúde mental

Hoxe celébrase o Día Mundial da Saúde Mental.

Nós, quixemos investigar un pouquiño sobre o tema para poder concienciarnos do problema que sufren as persoas e as familias que teñen estas enfermidades e da importancia que teñen asociacións como Avelaíña nas súas vidas.


domingo, 8 de outubro de 2017

Día Mundial da Saúde Mental

A asociación Avelaíña, vai celebrar  mañá, día 10  de outubro, o Día Mundial da Saúde Mental e o seu 20 aniversario como asociación que axuda a persoas con enfermidade mentais da zona do Baixo Miño e Val MIñor.



Dentro so seu programa de celebración, convidáronnos a participar,con eles, nunha marcha  que se vai levar a cabo desde o noso cole ata  a praza do Concello. Alí colocarán unha pancarta conmemorativa.
Despois iremos o auditorio de San Benito para ver a actuación do grupo Perseide.

Pero sabedes que é a saúde mental? Quen a padece? Por que se padece?

Creo que debemos investigar un chisco para sabelo, verdade?

Adiante con esa invetigación! 

Este é o vídeo anuncio do Día Mundial da Saúde Mental deste ano