Hoxe, os alumnos de 5º e 6º de
primaria asistimos á representación teatral da adaptación da obra " Leonardo e os fontaneiros" promovida pola editorial Galaxia como homenaxe a súa autora Mª Victoria Moreno polo Día das Letras Galegas.
A compañía de teatro Ubú, formada
por Ana Carreira e Manu Polo, foi a encargada de pola en escena dun xeito moi
divertido e entretido.
A historia está protagonizada por Antón e a súa compañeira de clase
Begoña, que deciden contarlle as súas divertidas anécdotas do último curso de escola
a Leonardo, un can da rúa que Antón coida como se fose seu.
As aventuras no colexio que máis nos divertiron e que conseguiron manter
a nosa atención foron : as trasnadas dos rapaces, as rifas dos mestres, momentos
de tristura que experimentaron á morte do can Leonardo ou da súa mestra
Florencia "a galiña"...
Este trimestre estivemos lendo o
fantástico libro MURIEL, da escritora MARÍA CANOSA.
Coa súa lectura pasamos momentos moi
intensos, fantásticos, misteriosos, intrigantes...
E chegou o momento de coñecer a esta creadora de contos!
Estabamos impacientes e nerviosos esperando a visita de María Canosa, tiñamos todo preparado pero... non daba chegado (eso parecíanos a nós) Mentres,pensabamos...
Gustaralle a nosa benvida?
E as nosas opinións do libro? Que nos contará? Contestará as nosas preguntas?
E...a porta abriuse! Alí estabaaa!
Cremos que lle sorprendeu o corredor
que lle tiñamos preparado con nosos libros de Muriel.
O mural, os debuxos e as nosas
opinión tamén chamaron a súa atención.
E... empezou a contarnos o
importantes que somos para que ela sexa escritora. Que os seus libros deixan de
ser dela cando os lemos porque cada un de nós o interpretamos dun xeito
diferente.
As nosas preguntas foron contestadas
unha por unha.
Así nos foi desvelando porque escribe,como vai
elaborando os seus libros, as personaxes mesmo nos contou que ten un caderno
onde anota todo o que se lle vai ocorrendo, a lista de nomes.... e algunha das ideas que lle están rondando na cabeciña.
Escoitámola con moita atención porque o que nos estaba contando o facía con tanta paixón que nos enganchou e nos deixou pasmados!
Como remate da visita asinou cada un
dos nosos libros e no libro de visitas da biblioteca!!!
Foi unha vivencia extraordinaria e
moi motivadora!!! Graciñas María!!!