Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca libros e autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca libros e autores. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2019

Ledicia Costas no cole!

No que vai de curso estivemos lendo varios libros de Ledicia Costas. 


Todos eles engancháronos case desde a primeira páxina. Ese mundo tenebroso dos defuntos, do máis alá, a cociña, as receitas, as aventuras, a intriga e o xeito de contárnolo foinos engaiolándonos pouco a pouco.


Fai unhas semanas, soubemos que ía achegarse ao cole para estar connosco e contarnos como escribe e algunha  das cousiñas que tanto nos gusta descubrir. 


Así que decidimos facerlle un mural para dicirlle canto nos gustan os seus libros.




E llegou o día! 
Hoxe, hoxe achegouse á biblioteca do cole, e recibímola  como se debe, con moita delicia ! 
A ela encantoulle!!!!



Xa na biblioteca comezou a charla. 

Contounos unha morea de anécdotas sobre os seus libros, que parte dos seus libros veñen das súas vivencias de pequena… 
Tamén nos confesou  que se divirte escribindo sobre todo o relacionado cos cemiterios,os defuntos, a santa compaña… e nese intre foi cando os nosos compañeros de 6ºA  sorprenderona co seu mural, que por certo, encantoulle.


A charla foi moi amena e nela descubrimos algúns dos seus próximos proxectos e vindeiras publicacións. 



Como non, tamén nos contestou a cada unha das preguntas que lle fomos facendo.

Deunos algún que outro consello: Ler moito e desfrutar coa lectura.  

E mesmo se sentou connosco para inmortalizar esta deliciosa visita! 






Como broche final asinou os libros e firmou no libro de visitas. 


MOITÍSIMAS GRAZAS LEDICIA, 
ESCOITARTE FOI UNHA DELICIA!!!!

domingo, 31 de marzo de 2019

Descubrindo a Manuel María


O Equipo da biblioteca xunto co Equipo de Dinamización puxeron en marcha unha actividade que nos encanta: Descubrir ao autor Manuel María e a súa poesía.

Esta semana, quixemos participar de forma colectiva preparando uns poemas : O bolo e o galo. 




Pareceunos unha boa idea ilustralos, así que nos puxemos mans á obra.



Quixemos recitarllelos aos nosos compañeiros de 6º A 



E tamén os queremos compartir con todos vos!





xoves, 28 de marzo de 2019

Contamos contos


Érika e Sara, prepararon o conto “Un monstro de cores” para lérllelo aos pequerrechos do cole, na biblioteca, durante a hora do recreo. 


Foi tan ben acollido e gustoulles tanto que tiveron que repetilo nas aulas de E Infantil na hora de ler.



Mirade canto traballaron e que ben o fixeron




Isto anímanos a seguir preparando máis contossss

domingo, 17 de febreiro de 2019

Encontros lectores cheos de corazón!

O venres celebramos o día do amor e da amizadeee.

Durante  toda a semana, como  padriños e madriñas lectoras, estivemos preparando diversas lecturas para podérllelas ler e interpretar aos nosos afillados. 


E chegou o día, a  hora prevista, baixamos as aulas de infantil de cinco anos e a de segundo de primaria para recoller aos nosos afillados.







De seguido, dirixímonos ao patio e  alí, xunto o resto dos alumnos do cole tivemos  o encontro lector cheo de corazón!





O Equipo de biblioteca, foi o encargado de dinamizar   esta actividade  con moito cariño e ilusión. Graciñas EQUIPO


mércores, 12 de decembro de 2018

Teatro: Espantallo amigo

O equipo da biblioteca  en colaboración coa  Editorial Galaxía propuxéronnos ler o libro  ESPANTALLO AMIGO  de Xosé Neira Vilas. 
Pouco a pouco, fomos descubrindo unha historia sorprendente, chea de xenerosidade e amizade da man das personaxes: o Tío Ramón de Reborneda, os merlos, o espantallo, o can Penexo, o grilo, o gato Xirimía, as nubes e dous irmáns moi pobres. 

E... hoxe,  fomos ao Centro Cultural, para ler doutro xeito o libro das mans do grupo Quinquilláns.
Estabamos espectantes e desexosos por comenzar!




Esta representación é unha adaptación da obra. 




O espantallo que fixo o Tío Ramón, non é un espantallo calquera. A súa misión non era salvar os figos, en realidade era para facer que os habitantes do pobo se axudanse  uns a outros e fosen amigos.


Cando acada o seu obxectivo, decide  iniciar unha viaxe aproveitando o vento para ver o mundo. Desde  o alto, descobre a unha parella de nenos moi pobres. 
A súa xenerosidade é tanta, que decide deixar de existir para darlles todo o que ten: roupa, comida, leña, palla e calzado  para que poidan pasar un bo inverno.


Durante a representación houbo momentos para as risas, para cantar e mesmo para bailar pero sobre todo para pensar e reler o libro de novo.



Foi unha experiencia xenial! Como nos gustou!!!

Bótadelle un ollo ao vídeo!

domingo, 11 de novembro de 2018

Novidades da biblioteca

Ola rapaces!
Desde a biblioteca achéganos as novidades deste mes de novembro. Preme  na imaxe e descóbreas!
 

 Non esquezas pasarte a velas! 
Xa as podedes levar para casa!!!

sábado, 10 de novembro de 2018

Taller de escritura creativa

O pasado mércores, desde o Equipo de Dinamización Lingüística púsoxese en marcha un taller de escritura creativa, partindo das palabras recollidas o curso pasado na actividade " Colleita de palabras"
No recreo, baixamos rapidamente, para  inscribímonos e participar.





Estamos desexando que chegue o día  14 para
comezar!!!

mércores, 7 de novembro de 2018

mércores, 24 de outubro de 2018

Pregón Día das Bibliotecas

E por fin chegou o día que tanto agardamos! 

A biblio abre as súas portas de novo! 
Este curso ides a ser unha parte importante dela. Ben sei que estades moi ilusionados por comezar a nosa labor de AXUDANTES!!  De por en práctica todo o que vos ensino a profe Rebeca sobre as nosas funcións. Seguro que o ides facer estupendamente.

Hoxe ímolo celebrar dun xeito especial na nosa aula!
Como? 
Lendo o pregón do Día das Bibliotecas e seguro que vos fai reflexionar sobre o afurtunados que sodes. Xa me contaredes!

El día de la luz 

Vengo del desierto del Sáhara, de inaugurar una biblioteca. Está en Dajla, el más alejado, el más olvidado de los cinco campamentos de refugiados saharauis. Es la cuarta biblioteca que construimos, y es preciosa.

En el centro hemos plantado árboles, para que los niños y los jóvenes del Sáhara puedan experimentar el gozo de sentarse a su sombra a leer un libro. No queremos que esa biblioteca sea ningún “templo de silencio”, sino más bien un espacio para del sonido, para el ruido. Una biblioteca que ya es el lugar más hermoso del campamento. Un espacio para desear ir a buscar lectura, pero también amistad, sueños compartidos. Incluso amor. Un lugar en el que enamorarse mirando unos ojos por encima de un libro. Porque al fin y al cabo, la biblioteca es el lugar en el que se descubre al otro, de papel o de carne.



En una película inolvidable, la mejor película de ciencia ficción de la historia, 2001, una odisea del espacio, aparece un monolito cada vez que el hombre se dispone a dar un salto cualitativo. Kubrick, su director, debería haber puesto un libro en su lugar. Porque han sido los libros los que han marcado el ritmo de los cambios del ser humano. Porque el libro es el laboratorio del hombre, el lugar en el que se experimenta con emociones, descubrimientos, utopías, apuestas. Somos lo que somos porque hemos pensado y escrito sobre cómo ser y sobre cómo no ser. Y seremos lo que pensemos, lo que piensen y escriban las próximas generaciones.

Así que una biblioteca no es solo un lugar en el que invitar a leer, sino también, o por eso, un lugar en el que invitar a escribir. Las bibliotecas del siglo XXI son, pueden ser, tienen que ser el semillero de nuevas novelas, nuevos monolitos, mojones de nuestro futuro. Si el siglo XX fue sin duda el siglo de la lectura, el siglo XXI puede llegar a ser el siglo de la escritura, ya lo está siendo.

Por todo eso construimos bibliotecas en los campamentos del desierto. Porque no son solo para los saharauis. Las paga nuestra sociedad civil, mediante socios adultos, y mediante actividades solidarias en colegios, institutos y bibliotecas. Y los alumnos y lectores que las sufragan se hacen conscientes de lo extraordinario que es tener una biblioteca, aprenden a valorar la suya, a defenderla. Cada biblioteca del desierto tiene detrás a miles de niños, jóvenes y adultos que la han hecho posible con su pequeño esfuerzo. Sumando. Cada lector saharaui tiene a su lado a miles de lectores, más conscientes de la importancia de una biblioteca, porque con su trabajo se ha construido una, en un clima y un lugar tan hostil.

Piensa en tu biblioteca. Hubo un día en el que esa biblioteca no existía. Alguien la soñó, luchó por ella, la llenó de libros y también de sueños. Hazte del equipo de ese alguien que la hizo posible, lucha por un mundo en el que no haya un ser humano que no tenga cerca una biblioteca, o un amoroso bibliobús. Que no haya un solo niño, joven o adulto, que no roce la mano de una bibliotecaria que le aconseje, que le oriente en el laberinto. Que es lo mismo que decir que no haya un solo ser humano conectado a lo que fue, lo que es y lo que será.

En tu mano hay millones de manos, estrechando la tuya, acompañándote en el camino. Tiernas o callosas, pequeñas o grandes. En el libro que te espera en la mesilla de noche o junto al sofá, hay millones de libros. Ingenuos o complejos, humildes o lujosos. Pero todo preciosos. Conectados todos por un invisible hilo de plata que une mano con mano, estantería con estantería, un hilo inacabable y luminoso. Inacabable, y así sea. Hoy es el Día de la Biblioteca, que es lo mismo que decir El día de la Luz.


Feliz día, feliz siglo.

El pregón de este año, que acabamos de leer, es obra del escritor Gonzalo Moure (Premio Cervantes Chico 2017), y el cartel ha sido realizado por el ilustrador Alfonso Zapico, Premio Nacional de Cómic en 2012

luns, 22 de outubro de 2018

Imos celebrar o Día das Bibliotecas

O vindeiro mércores, aproveitamos a celebración do Día das Bibliotecas Escolares para Inaugurar un novo curso na nosa  BiblioPepiño.  Volvemos á rutina!

Volvemos  a nosa biblioteca tanto pequenos como grandes, para elixir  novos libros, para non parar de ler. 

O luns, comezamos as actividades para celebralo!

Recordade sempre:

A biblioteca é un espazo máxico para a ciencia, para a imaxinación, para a investigación, para aprender, para ler….




Agora tocan novos descubrimentos!


Cada visita á biblioteca é coma o inicio dunha gran viaxe.



Ven á biblioteca, elixe libros, le un ratiño, lévao emprestado para casa e alí, sigue lendo.


E... recordade que os pequerrechos do cole precísanvos para camiñar entre os libros, por eso ides a ser os axudantes da biblio, os seus padriños e madriñas.

martes, 19 de xuño de 2018

Recomendación lecturas de verán

Que rápido pasou o curso...Case estamos de vacacións de verán!

E Bibliopepiño coma sempre, un consello nos quere dar,
na maleta u bo libro meter para: soñar, viaxar, imaxinar...!

Pincha na imaxe e deixate orientarrrrrrr


xoves, 31 de maio de 2018

Homenaxe teatral a Mª Victoria Moreno

Hoxe, os alumnos de 5º e 6º de primaria asistimos á representación teatral da adaptación da obra  " Leonardo e os fontaneiros" promovida pola editorial Galaxia como homenaxe a súa autora Mª Victoria Moreno polo Día das Letras Galegas.


A compañía de teatro Ubú, formada por Ana Carreira e Manu Polo, foi a encargada de pola en escena dun xeito moi divertido e entretido.



A historia está protagonizada por Antón e a súa compañeira de clase Begoña, que deciden contarlle as súas  divertidas anécdotas do último curso de escola a Leonardo, un can da rúa que Antón coida como se fose seu.


As aventuras no colexio  que máis nos divertiron e que conseguiron manter a nosa atención foron : as trasnadas dos rapaces, as rifas dos mestres, momentos de tristura que experimentaron á morte do can Leonardo ou da súa mestra Florencia "a galiña"... 



Mirade o resumo!!!