Amosando publicacións coa etiqueta Tema 9 L. Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 9 L. Galega. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de abril de 2018

As preposicións


Ejercicios

LIM: Ortografía e vocabulario da letra G


ORTOGRAFÍA: Palabras con g gu e gü

Algunhas palabras pódense escribir con g, gu ou gü, segundo as vogais que van a seguir:
Escríbese g diante de a, o e u: gato, gorra, gusto.
Escríbese gu diante de e e i: guerra, guiso ,conseguir. Neste caso o u non se pronuncia.
Escríbes gü diante de e e i cando queremos pronunciar o u: bilingüe, antigüidade. Os dous puntos que se poñen sobre o u cando o queremos pronunciar chámanse diérese.

Completa



luns, 2 de abril de 2018

Completa os verbos


O verbo


Os verbos son as palabras que expresan accións ou estados. Están formados por unha raíz (aporta o significado ao verbo, para identificala hai que separar a terminación -ar, -er, -ir do seu infinitivo) e uns morfemas ou desinencias verbais (indican as variacións de persoa, número, tempo e modo). Ex.
        result (raíz) - an (desinencia)       
Formas non personais: Son as formas verbais que non teñen desinencias e están compostas pola raíz e un sufixo. Son:



                         
A persoa e o número: A persoa indica quen realiza a acción do verbo. Pode ser quen fala (primeira persoa), quen escoita (segunda) ou de quen se fala (terceira). O número indica se a acción do verbo a realiza unha soa persoa (singular) ou varias (plural).

O tempo: Indica o momento no que sucede ou se desenvolve a acción do verbo. Pode ser: presente (a acción transcorre mentres se fala, ex. escribes), pasado ou pretérito (a acción é anterior ao momento no que se fala, ex. escribín) e futuro (a acción sucederá despois do momento no que se fala, ex escribirás).

O modo: Indica a actitude do falante ante o que se di. Pode ser: indicativo ( expresa accións reais, ex. Pedro xoga mañá), subxuntivo ( expresa accións ou estados probables, dúbidas ou desexos ex. Ogallá xogue mañá) e imperativo ( expresa ordes, consellos o instruccións, ex . Pedro, ven!).

A conxugación verbal: É o conxunto das formas que expresan unha acción que ocorre no mesmo tempo e modo. Son os seguintes:



As desinencias verbais



Completa as formas verbais


Que formas verbais están en indicativo


Contidos tema 9 L. Galega

A recesión

O campo semántico

A estrutura e a conxugación

A persoa e o número



Palabras con g, gu e gü



A comparación e a metáfora