Amosando publicacións coa etiqueta Galería fotos 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galería fotos 6º. Amosar todas as publicacións

mércores, 14 de novembro de 2018

xoves, 25 de outubro de 2018

Seguimos traballando na decoración do Samaín!

Esta semana fixemos unha actividade moi especial!  

Baixamos a aula de infantil de cinco anos para traballar con eles. Preparamos unhas pantasmas moi divertidas, explicámoslle o que tiñan que facer e despois axudámoslles a facela.
















Xa na nosa aula, colocámoslle os fíos para colgalas na entrada do cole.


Esta actividade foi moi especial  e gratificante para nós!!!

Mirade o proceso e o resultado final!!!

martes, 23 de outubro de 2018

Preparando o mural de ambientación do Samaín

Xa estamos metidos de cheo cos preparativos da celebración do Samaín!


O Equipo de actividades extraescolares, encomendounos a tarefa de realizar o mural de ambientación.
Rapidamente nos puxemos mans a obra e a ratiños fomos realizando esta actividade.

Eliximos a temática, o medo a través das pantasmas,


a técnica: pintura con tizas e difuminado e... a traballar!



Así o fixemos

luns, 1 de outubro de 2018

Taller de ortografía


Este é o  noso taller de ortografía.

Para reforzar e mellorar a nosa ortografía, traballámola case todos os días tanto en lingua castelá como galega.

Como o facemos?


Cada semana eliximos unha norma ortográfica. Na casa temos que buscar cinco palabras que cumpran a norma. Non as podemos escribir en ningures, temos que telas nas nosas cabeciñas.



















Que facemos coas palabras?
Cando chegamos a clase collemos un papeis de cores e escribímolas.














Compartímolas cos nosos compañeiros e, como estamos moi atentos, as repetidas xa non as dicimos e quedan eliminadas.


Para que nos serven?

Para RECORDALAS E CONSULTALAS sempre que o desexemos porque as pegamos no seu recuncho.



E… para finalizar a terefa facemos ditados desas palabras.

martes, 18 de setembro de 2018

mércores, 12 de setembro de 2018

Primeiro día do novo curso, primeira actividade: regamos as árbores do patio!!!!

Xa estamos de volta, todos xuntos e dous novos compañeiros: Daniela e Iván.


Contámonos como o pasamos no verán, colocamos libros, e… imos coa a primeira actividade ! 

Regamos as árbores

Xunto co profe Gil, baixamos ao patio para regar as árbores da plantación que fixemos o curso pasado.

Despois fomos ver como estaba o composteiro! Todo estaba desfeito, e preparado para sacalo, vacialo e  gardalo hasta que cheguen as primeiras choivas, para usalo como abono.