Vamos a analizar esta poesía
Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 5 L. Castellana b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 5 L. Castellana b>. Amosar todas as publicacións
luns, 22 de xaneiro de 2018
sábado, 20 de xaneiro de 2018
Verso, rima...
O verso é a unidade menor dun poema que se
representa graficamente nunha soa liña sen ocupar todo o renglón. O ritmo do
verso conséguese mediante unha axeitada distribución das sílabas tónicas, as
pausas métricas, o número de sílabas e a rima.
O cómputo silábico
Medir un verso consiste en contar o número de sílabas métricas que o integran, tendo en conta
que estas non coinciden coas sílabas gramaticais. Por iso se deben coñecer
estas normas básicas relacionadas co acento da última palabra de cada verso:
- Se o verso remata en palabra aguda ou monosílaba: cóntase unha sílaba máis. Observa esta
estrofa de Helena Villar
Janeiro:
¿Como será o seu cantar?
¿Onde buscará o xantar? |
7+1=8
7+1=8 |
- Se o verso remata en palabra esdrúxula: réstase unha sílaba:
"E nas purpúreas clámides" (9-1)=8 (Eduardo Pondal)
- Se o verso remata en palabra grave o número de
sílabas métricas e gramaticais será o mesmo, polo que non se debe restas nin engadir nada.
Ademais, hai outros fenómenos métricos ou licenzas que
condicionan a medida dos versos:
- SINALEFA: unión nunha soa sílaba métrica da vogal final dunha palabra coa vogal inicial da palabra seguinte. Esta licenza métrica aparece con moita frecuencia.
- SINÉRESE: unión nunha única sílaba métrica de dúas vogais que forma hiato nunha palabra.
- DIÉRESE: división dun ditongo en dúas sílabas métricas.
- HIATO: ruptura dunha sinalefa, ben porque unha das vogais está acentuada, ben por unha cesura*.
CLASIFICACIÓN DOS VERSOS SEGUNDO O SEU NÚMERO DE SÍLABAS
Son versos de arte menor aqueles que miden entre dúas e oito sílabas
métricas, mentres que aqueles que miden nove ou máis son versos de arte maior.
A RIMA
A rima consiste na coincidencia total ou parcial
de sons entre dous ou máis versos a partir da última vogal acentuada. Existen dous
tipos de rima:
RIMA CONSONANTE: repítense todos os sons
(vocálicos e consonánticos) a partir da última vogal acentuada.
"Xenio leyal d'a independenza nosa,
Por ela batallou; man homicida
Con infame treicion quitoulle a vida:
¡Martir foi n'ista terra xenerosa!" Valentín Lamas Carvajal
Por ela batallou; man homicida
Con infame treicion quitoulle a vida:
¡Martir foi n'ista terra xenerosa!" Valentín Lamas Carvajal
·
RIMA ASONANTE: repítense só os fonemas vocálicos, sen ter en conta as consonantes.
Tampouco contan as vogais débiles nos ditongos nin a penúltima vogal das
palabras esdrúxulas.
Para sinalar a rima entre dúas ou máis versos utilízase unha letra (seguindo a orde do abecedario) que se escribirá en maiúscula se os versos son de arte maior e en minúscula se son versos de arte menor. Cando os versos non riman indícase mediante un guion (-).
Para sinalar a rima entre dúas ou máis versos utilízase unha letra (seguindo a orde do abecedario) que se escribirá en maiúscula se os versos son de arte maior e en minúscula se son versos de arte menor. Cando os versos non riman indícase mediante un guion (-).
O ESQUEMA MÉTRICO
Tras realizar o cómputo silábico e sinalar a rima
dunha estrofa ou poema obteremos o esquema métrico da devandita composición.
Observa o exemplo:
"Lúas de vrau e neve van
cobrindo
os curutos espidos dos outeiros. Fouciños de luares montañeiros, arcanxos malvazul lle van xunguindo." |
11A 11B 11B 11A (Pura Vázquez) |
A ESTROFA
Os versos combínanse entre si para formar
estrofas e poemas. Unha estrofa é un conxunto de dous ou máis versos cunha
estrutura rítmica fixa determinada polo número de sílabas dos versos e pola súa
rima.
martes, 9 de xaneiro de 2018
luns, 1 de xaneiro de 2018
domingo, 31 de decembro de 2017
Tema 5 Lengua Castellana
Tema 5 Lengua Castellana | |
Contenidos teóricos | Contenidos tema 5 |
Las onomatopeyas | Las onomatopeyas La onomatopeya |
Los determinantes artículos | Los determinantes artículo El artículo LIM: El artículo Practicamos |
Los deterninantes demostrativos | Los determinantes demostrativos Completa la tabla Practicamos con los demostrativos LIM: Los demostrativos |
Palabras con -cc- | Uso de la -cc- Completa las palabras Sopa de letras Palabras con -cc- |
El esquemas | El esquema Técnicas de esquemas |
La estrofa y rima | Medida y rima Medida y rima de los versos |
Repaso | Repasamos: artículos y demostrativos Verdadero o falso? |
Los determinantes demostrativos
Los determinantes demostrativos acompañan al
sustantivo indicando la proximidad o lejanía a la que se encuentra con respecto
al hablante.

A
continuación, os dejamos este LIM para que podáis trabajar los
determinantes demostrativos jugando desde casa:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)