Amosando publicacións coa etiqueta Tema 1 L Galega 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tema 1 L Galega 6º. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de outubro de 2018

Recompilamos refráns

En Galicia, como no resto de España, temos unha morea de refráns. Foron pasando de xeración en xeración e nós tamén quixemos que os nosos país, avós, padriños… nos contasen os que eles sabían.

Foi moi interesante e divertido compartir esa transmisión do saber oral cos nosos familiares.

Pero, tamén quixemos investigar e descubrir por nós mesmos algúns dos moitos que temos.

Así foi como o fixemos!




domingo, 30 de setembro de 2018

LIM: Acentuación


Clasificación das palabras

Segundo a posición da sílaba tónica, as palabras clasifícanse en agudas, graves, esdrúxulas e sobreesdrúxulas.


AGUDAS


A sílaba tónica é a última sílaba
Paspallás
Café
Muller

GRAVES


A sílaba tónica é a penúltima sílaba

Débil
Carácter
Estoxo
Mesa

ESDRÚXULAS


A sílaba tónica é a antepenúltima sílaba

Lóstrego
Matemáticas
Sílaba


SOBREES-
DRÚXULAS


A sílaba tónica é a sobreantepenúltima sílaba

Fixéronvolo
Atopáronvolo




Acentuación gráfica das palabras





martes, 25 de setembro de 2018

Os xéneros literarios


Os textos literarios clasifícanse segundo as súas características en  tres grandes grupos. Estes grupos chámanse xéneros literarios.


Xénero narrativo: un narrador conta uns feitos que lles acontecen a uns personaxes nun tempo e nun espazo determinados. Soen escribirse en prosa. Ex. novelas, contos,...

Xénero lírico: o escritor expresa os seus sentimentos, emocións ou pensamentos. Soen estar escritos en verso. Ex. poemas.

Xénero teatral: os propios personaxes mostran a súa historia a través do diálogo. Estes  textos están creados para ser representados por uns actores nun escenario ante un público.