Amosando publicacións coa etiqueta Plástica 6º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica 6º. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de maio de 2019

A arte dos mil puntos


Durante  o que vai de trimestre, na área de plástica, levamos a cabo unha actividade que nos encantou: A arte dos mil puntos.

Partimos dun  folio no que tiñamos debuxados mil puntos, o traballo consistía en ir unindo os puntos por orde. 







Que paciencia tivemos!










O paso seguinte, foi investigar para identificar o cadro e o autor e decidir que técnica íamos usar.




E mans a obra!










Rematamos a actividade pondo o debuxo sobre unha cartolina, escribindo o nome do cadro e autor e facéndolle un marco con puntos







Este é o resultado final! 












luns, 15 de abril de 2019

Mil puntos con arte!


Parte das sesión de Plástica desde trimestre foron para a actividade : A arte dos mil puntos.

Comezamos unindo, pouco a pouco e con moita paciencia,  mil puntos co lapis.

Así foi como descubrimos  unhas obras maestras sobre as que... 


comezamos a invetigar,


e a descubrir unha morea de  cousas ben interesantes e sorprendedntes. 










Logo, decidimos pintalas con diferentes técnicas. 



E... mirade o resultadosss 





Estamos pensando facer algo especial con eles, estade atentos!


domingo, 2 de decembro de 2018

O noso recuncho de Nadal!

Xa estamos no mes da maxia, da ilusión, das ganas de facer cousiñas especiais.  


E..., pensando e pensando , decidimos preparar un recuncho moi especial para este Nadal. 





Nel quixemos unir a Papa Noel con un dos símbolos máis coñecidos do Camiño de Santiago, a cuncha da vieira, e  deste xeito unir a nosa P.D.I "Vive o Camiño" co Nadal.


Este é o resultado final! 



Gustouvos? A nós encántanos!!!

venres, 19 de outubro de 2018

Pintamos bodegóns!

Levamos dúas semanas traballando con Salvador Dalí. Descubrimos a súa biografía, que por certo, nos sorprendeu moitísimo. Foi un home moi polifacético xa que ademais de pintor foi escultor, escritor…
Seguiremos investigando sobre este xenial pintor.
Intetamos reproducir un dos seus bodegóns  fixándonos moito nos claros e oscuros e na luz.

Así fixemos os nosos bodegóns!

Quedaron xeniais, verdade? Nós estamos orgullosossss

xoves, 4 de outubro de 2018

Pintamos con Salvador Dalí

Salvador Dalí  é un pintor  moi especial.

Investigade un chisco sobre a súa vida e obra. Seguro que vos sorprendedes!!!




Neste pequeno conto iremos descubrindo a súa vida, como empezou a pintar…. e, convídanos a pintar con el. Clica na imaxe e nos enlaces
A súa obra 
Obras de Dalí



Non teñades medo a pintar con este fenómeno de pintor, pouco a pouco iredes completando e ilustrando o seu conto. Seguro que o ides facer xenial!

Veñá pintores, demostrade  a vosa valía!!!