Durante o que vai de trimestre, na área de plástica,
levamos a cabo unha actividade que nos encantou: A arte dos mil puntos.
Partimos dun folio no que tiñamos debuxados mil puntos, o
traballo consistía en ir unindo os puntos por orde.
Que paciencia tivemos!
O paso seguinte, foi investigar para identificar o cadro e o autor e decidir que técnica íamos usar.
E mans a obra!
Rematamos a actividade pondo o debuxo sobre unha cartolina, escribindo o nome do cadro e autor e facéndolle un marco con puntos
Este é o resultado final!
Ningún comentario:
Publicar un comentario