luns, 6 de maio de 2019

O noso mural do Pórtico da Gloria

Durante varias semanas estivemos investigando  sobre O Pórtico da Gloria.


Para nós, foi moi gratificante ir descubrindo cada unha das distintas partes da obra mestra do Mestre MATEO, así como algunha das lendas sobre o mesmo.



Pero , o que máis nos sorprendeu, foi comprobar algo que xa sabíamos pero que non acababamos de entender, o  uso gráfico por parte de igrexa para ensinar aos seus  fieis as ensinanzas biblicas, xa que a xente non sabía ler.

Entre todos decidimos facer un mural sobre este. Tentamos imitar a pedra pintándoo con té.







Finalmente  puxémoslle etiquetas as partes fundamentais como avaliación do que aprendemos. 

Así foi como o fixemos!!




Estamos desexando que chegue o día 11 de xuño para poder ver en vivo e directo esta obra mestra do románico e comprobar todo o que aprendemos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario