xoves, 23 de maio de 2019

O complemento directo


O complemento directo (CD) achega o ser ou obxecto sobre o que recae a acción verbal.
Poden facer a función de obxecto directo un sintagma nominal sen preposición ou precedido pola preposición “a”, ou un pronome persoal átono: Cativaron unha ave preeira, cativárona.


O complemento directo pode ser substituído polos pronomes átonos de CD presentes cadro:

O complemento directo convértese en suxeito ó substituír ao pasar a pasiva (Só se poden pasar a pasiva algunhas oracións con verbos transitivos que teñen complemento directo):


O CD non concorda en número e persoa co verbo.

Exercicios

1. Pódese pasar a pasiva as seguintes oracións? Por que? Fai a pasiva.
1.    Xudas Iscariote foi un apóstolo de Xesús de Nazareth.
2.   O grou simboliza na heráldica o estado de espreita continuo.
3.    Alexander Graham Bell patentou o teléfono en 1876.
4.   Manuel Curros Enríquez morreu en 1908.
5.    O atol de Ujae creou unha lagoa de 185 km2.
6.    O teixugo escava numerosos tobos na terra.
7.   Ese gaivotón comeu as crías do teu parrulo engulíndoas enteiras.

2. Substitúe o CD por un pronome persoal átono.
1.    As enfermeiras arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
2.   O construtor amorteceu o ruído do bar con cortiza.
3.    Hoxe ese recruta viu o sucedido por unha fenda da parede.
4.   O xardineiro cavará mañá unha gabia.
5.    Neste lugar construiremos rapidamente entre todos a latrina.
6.    Vou comprar o terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
3. Indica o obxecto directo das seguintes oracións.
1.    As enfermeiras arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
2.   O ciclista ten na deda gorda do pé esquerdo unha bocha.
3.    O construtor amorteceu o ruído do bar con cortiza.
4.   O oleiro esgotou pola mañá toda a arxila.
5.    Hoxe ese recruta viu o sucedido por unha fenda da parede .
6.    Nesa tenda só venden miudallas e cachifallos.
7.   Nunca na vida che me contaron un conto de lobishomes tan estraño.
8.   O xardineiro cavará mañá unha gabia.
9.    Un conduto entullado provocou a avaría e os problemas de subministro de auga.
10. Neste lugar construiremos rapidamente entre todos a latrina.
11. Vou comprar o terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
12.Túa curma sufriu un sinistro grave.

Ningún comentario:

Publicar un comentario