Información familias
- Página principal
- O baúl de segundo
- O baúl de terceiro
- O baúl de cuarto
- Temario C. Naturais
- Temario C. Sociais
- Temario L. Galega
- Temario Lengua Castellana
- Temario Matemáticas
- LIM Naturais
- LIM Sociais
- LIM Lengua
- LIM Matemáticas
- Juegos lengua
- Temario Matemáticas 6º
- Temario L. Castellana 6º
- Temario C. Naturais 6º
- Plástica 6º
- Temario L. Galega 6º
- Temario C. Sociais 6º
- Galería de fotos 6º
- Saídas
- Os nosos traballos
- Biblioteca, actividades, libros, autores
- Os nosos traballos 6º
- Saídas e actividades extraescolares
- P.D.I. Vive o camiño de Santiago
Amosando publicacións coa etiqueta 3º Trimestre L. Galega 6º b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3º Trimestre L. Galega 6º b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 23 de maio de 2019
O complemento directo
O complemento directo (CD) achega o ser ou obxecto sobre o que recae a
acción verbal.
Poden facer a función de obxecto directo un sintagma nominal sen
preposición ou precedido pola preposición “a”, ou un pronome persoal átono: Cativaron unha
ave preeira, cativárona.
O complemento directo pode ser substituído polos pronomes átonos de CD
presentes cadro:
O complemento directo convértese en suxeito ó substituír ao pasar a pasiva (Só se poden pasar a pasiva algunhas oracións con verbos transitivos que teñen complemento directo):
O CD non concorda en número e persoa co verbo.
Exercicios
1. Pódese pasar a pasiva as seguintes oracións? Por que?
Fai a pasiva.
1. Xudas Iscariote
foi un apóstolo de Xesús de Nazareth.
2. O grou simboliza
na heráldica o estado de espreita continuo.
3. Alexander Graham
Bell patentou o teléfono en 1876.
4. Manuel Curros
Enríquez morreu en 1908.
5. O atol de Ujae
creou unha lagoa de 185 km2.
6. O teixugo escava
numerosos tobos na terra.
7. Ese gaivotón comeu
as crías do teu parrulo engulíndoas enteiras.
2. Substitúe o CD por un pronome persoal átono.
1. As enfermeiras
arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
2. O construtor
amorteceu o ruído do bar con cortiza.
3. Hoxe ese recruta
viu o sucedido por unha fenda da parede.
4. O xardineiro
cavará mañá unha gabia.
5. Neste lugar
construiremos rapidamente entre todos a latrina.
6. Vou comprar o
terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
3. Indica o obxecto directo das seguintes oracións.
1. As enfermeiras
arrefriaron o enfermo cun baño de auga morna.
2. O ciclista ten na
deda gorda do pé esquerdo unha bocha.
3. O construtor
amorteceu o ruído do bar con cortiza.
4. O oleiro esgotou
pola mañá toda a arxila.
5. Hoxe ese recruta
viu o sucedido por unha fenda da parede .
6. Nesa tenda só
venden miudallas e cachifallos.
7. Nunca na vida che
me contaron un conto de lobishomes tan estraño.
8. O xardineiro
cavará mañá unha gabia.
9. Un conduto
entullado provocou a avaría e os problemas de subministro de auga.
10. Neste lugar
construiremos rapidamente entre todos a latrina.
11. Vou comprar o
terreo lindante coa cabeceira da miña finca.
12.Túa curma sufriu
un sinistro grave.
Tema 11 Lingua galega
| Tema 11 L. Galega | |
| A reportaxe | A reportaxe |
| Os préstamos e os estranxerismos | Os prestamos e estranxeirismos |
| Os complementos do verbo | Os complementos do verbo O complemento directo |
| Os dous puntos e o punto e coma | Os dous puntos e o punto e coma |
| As características do teatro | As características do teatro |
| Repasamos | |
| Autoevaluación |
A reportaxe
Introdución
A reportaxe é un
xénero xornalístico que permite analizar e ampliar a noticia. Mediante a
investigación, explica as circunstancias que a rodean co obxectivo de profundizar
en cuestións relativas ao “cando”, “onde”, “como”, “por
que”, “quen” ou “que” orixinou esa noticia.
Pode ser
simplemente informativa ou combinar información e interpretación; neste último
caso inclúe o punto de vista do xornalista.
Na reportaxe as
actuacións dos protagonistas deben ser espontáneas, sendo desexable a presenza
física do xornalista no lugar dos feitos para a realización de entrevistas ou
enquisas.
Pode integrar
calquera posibilidade narrativa: texto, imaxes, son ou vídeo.
Estrutura
A reportaxe debe
incluír tres apartados:
1. Titular: é a frase ou oración que presenta a información.
2. Entrada ou “lead”: é o parágrafo que resume a esencia da
información. Inclúe os datos do autor/a e pode conter declaracións.
3. Corpo: é a explicación
da información con máis detalle. Organízase en varios parágrafos e pode empregar todo tipo de
material audiovisual complementario (imaxes, vídeos, etc.). Adoita comezar coa
presentación e contextualización dos feitos e seguir co relato cronolóxico do
seu desenvolvemento, combinando datos esenciais e complementarios. Remata cun
parágrafo de resumo e conclusión.
A linguaxe
periodística pretende, ante todo, informar. É, polo tanto, funcional. Debe ser
clara, obxectiva, precisa e facilmente comprensible para o lector.
domingo, 28 de abril de 2019
luns, 22 de abril de 2019
Tema 10 L.Galega
| Tema 10 L. Galega | |
| O texto argumentativo | |
| As palabras tabú e os eufemismos | Teoría: Os eufemismos e as palabras tabú |
| A oración: O suxeito e o predicado | Teoría: O suxeito e o predicado Practicamos: o suxeito e o predicado O suxeito e o predicado |
| O punto e a coma | O uso do punto e da coma |
| A repetición e a aliteración | A repetición e aliteración |
| Repasamos | |
| Autoevaluación |
domingo, 31 de marzo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















































