xoves, 21 de xuño de 2018

Os nosos traballos de plástica

Este curso, en plástica fixemos unha morea de traballos utilizando diversas técnicas. A profe Linda foinos explicando cada unha delas.



Estes son agúns dos nosos traballos!!! 

Queron chulos verdade?? 

mércores, 20 de xuño de 2018

Repaso matemáticas verán

Ya sabéis cual es el reto para este verano..... LAS TABLAS Y UN PROBLEMA CADA DÍA!!!

Y para que repaséis un poco os dejo estos ejercicios, seleccionar  por lo menos cinco de cada apartado.


martes, 19 de xuño de 2018

Repaso de verán linguas

Aquí vos deixo  as actividades de repaso que falamos. Cada un  de vós xa sabedes  cal é a vosa parte.


Recomendación lecturas de verán

Que rápido pasou o curso...Case estamos de vacacións de verán!

E Bibliopepiño coma sempre, un consello nos quere dar,
na maleta u bo libro meter para: soñar, viaxar, imaxinar...!

Pincha na imaxe e deixate orientarrrrrrr


xoves, 14 de xuño de 2018

Excursión ao zoo San Inácio

Este ano a viaxe de fin de curso foi ao zoo San Inácio de Oporto.



Este foi o lugar elixido polos nenos  con moita ilusión e expectativas de coñecer unha morea de animais salvaxes e...pleno na súa elección!


Moitas sorpresas nos estaban esperando!

O zoo conta con gran variedade de animais: Canciño da pradaría, pingüíns, panteras das neves, monos, hipopótamos, rinocerontes, suricatas, loros, capibaras, tapires, llamas e moitos máis...

Unha das sorpresas  que máis non chamou a atención foron os canciños da pradaría. Parecían que estaban xogando ao escondite entrando e saíndo  nos buratos  que teñen feitos e que son a entrada das súas tobeiras.

Como nos gustaron!!!

Pero a sorpresa maior e impáctante do día foi o hábital dos leóns e a súa particularidade  especial! Un túnel de vidro  que nos deixou velos  tan cerquiña,  e estar debaixo deles, foi algo único!



No percorrido atopámonos coa zona da sabana africana na que conviven varios animais: cebras, avestruces, antílopes, rinocerontes, camelos.... Botamos de menos as xirafas!



Outros animais que  nos fixeron desfrutar cos seus xogos na auga foron os pingüíns, nutrias e rinocerontes. Foi unha delicia contemplalos!!!




Aves de todos os tipos: loros, aves exóticas e de rapiña, flamencos, lémures, guacamaios, pavos reais, patos, cisnes negros....

Os canguros, e sobre todo o albino tamén nos gustaron moito. E non podemos esquecernos dos tigres e dos guepardos!!!



O espazo dedicado a selva, a casa dos réptiles, a casa dos animais nocturnos foron outros dos lugares que descubrimos!!!

Comemos no mesmo zoo, nun espazo  habilitado con mesas e un parque infantil.



Podemos dicir que é un zoo ben coidado e onde os animais están impecables.

Pasámolo xenial!!! Quedamos con ganas de repetir!