martes, 18 de xuño de 2019

Graduación

Esta Etapa de Primaria chega ao seu fin e hoxe imos facer a vosa GRADUACIÓN en Educación Primaria.

Así comezou a celebración!

Esta etapa que está apiques de rematar foi moi importante, nela que fúchedes medrando tanto ao alto, en coñecementos e como persoas e aprendendo unha morea de cousas que ben seguro van quedar ancoradas nas  vosas vidas para sempre.

As vosas mestras estamos moi, moi orgullosas de vós, sodes uns rapaces cos que o traballo, en moitas ocasións, converteuse en diversión. E queremos que saibades que nós tamén aprendemos  de vós.


Entrega de bandas e diplomas



Foi unha delicia traballar convosco !!!

Aquí dedixamos as fotos para que poidades gardalas como recordo.




























Ningún comentario:

Publicar un comentario