Rematamos A PDI VIVE O CAMIÑO como todos os peregrinos,
visitando Santiago.
Todos os alumnos
de primaria, a primeira hora da mañá, saímos en tres autobuses cara o noso
destino. Estábamos algo moi contentos e
algo inquedos por chegar.
Xa alí, puidemos
desfrutar da Praza do Obradoiro, da
Praza da Inmaculada, de Platerías e da Quintana. A entrada a catedral, foi un
pouco desilusionante porque estaba en obras e case non puidemos ver nada. Tamén
visitamos o Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia Natural.
Paramos no parque de Vistalegre para repor forzas, que
fame tiñamos!! E ao rematar xogamos un
chisco.
Retomamos as
visitas e dirixímonos a parte vella, as mestras
tíñannos un xogo de monumentos preparado,
foi moi divertido!
Case era hora de
volver cando nos diriximos, paseando polas rúas máis emblemáticas da cidade, a
Alameda, onde estivemos coas MARÍA, e coñecemos a súa historia. Contemplamos a
Catedral desde este ángulo e pareceunos
espectacular.
Coma en todas as
excursións, paramos a tomar uns xeados e xogar. E… hora da merenda, antes de
coller os buses do regreso a casa.
Foi unha xornada
moi enriquecedora e especial!!!
Rematamos cansados pero moi contentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario