Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto " Vive o camiño". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto " Vive o camiño". Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2019

Rematamos A PDI  VIVE O CAMIÑO como todos os peregrinos, visitando Santiago.

Todos os alumnos de primaria, a primeira hora da mañá, saímos en tres autobuses cara o noso destino. Estábamos algo  moi contentos e algo inquedos por chegar.
Xa alí, puidemos desfrutar da  Praza do Obradoiro, da Praza da Inmaculada, de Platerías e da Quintana. A entrada a catedral, foi un pouco desilusionante porque estaba en obras e case non puidemos ver nada. Tamén visitamos o Museo do Pobo Galego, o Museo de Historia  Natural.



Paramos  no parque de Vistalegre para repor forzas, que fame tiñamos!!  E ao rematar xogamos un chisco.



Retomamos as visitas e dirixímonos a parte vella,  as mestras tíñannos un xogo  de monumentos preparado, foi moi divertido!

 
Case era hora de volver cando nos diriximos, paseando polas rúas máis emblemáticas da cidade, a Alameda, onde estivemos coas MARÍA, e coñecemos a súa historia. Contemplamos a Catedral desde este ángulo e pareceunos  espectacular.


Coma en todas as excursións, paramos a tomar uns xeados e xogar. E… hora da merenda, antes de coller os buses do regreso a casa.



Foi unha xornada moi enriquecedora e especial!!!

 Rematamos cansados pero moi contentos! 


venres, 17 de maio de 2019

Exposición traballos PDI Vive o Camiño

O resultado das investigación que levamos feitas sobre o PDI  VIVE O CAMIÑO, relacionado co Camiño Portugués pola Costa, deixámolas plasmadas en diversos murais e libros.



Xunto cos outros centros da localidade fixemos esta exposición común.




















NON DEIXES DE VISITALAAAAAA



mércores, 8 de maio de 2019

Coñecemos o Pórtico da Gloria paso a paso

Como broche final do Proxecto, hoxe imos ver o Pótico de Gloria detalle a detalle, clicade na imaxe e descubride  todooooo


luns, 6 de maio de 2019

O noso mural do Pórtico da Gloria

Durante varias semanas estivemos investigando  sobre O Pórtico da Gloria.


Para nós, foi moi gratificante ir descubrindo cada unha das distintas partes da obra mestra do Mestre MATEO, así como algunha das lendas sobre o mesmo.



Pero , o que máis nos sorprendeu, foi comprobar algo que xa sabíamos pero que non acababamos de entender, o  uso gráfico por parte de igrexa para ensinar aos seus  fieis as ensinanzas biblicas, xa que a xente non sabía ler.

Entre todos decidimos facer un mural sobre este. Tentamos imitar a pedra pintándoo con té.







Finalmente  puxémoslle etiquetas as partes fundamentais como avaliación do que aprendemos. 

Así foi como o fixemos!!




Estamos desexando que chegue o día 11 de xuño para poder ver en vivo e directo esta obra mestra do románico e comprobar todo o que aprendemos!!


domingo, 5 de maio de 2019

2º Etapa de Labruge- Pòvoa de Varzin


Investigamos un montón sobre esta etapa  de LABRUGUE  PÒVOA DE VARZIM.

Pouco a pouco, fomos descubrindo os lugares e sitios de interese de cada unha das localidades polas que pasa o Camiño.
Para nós foi toda unha sorpresa descubrir un chisco da historia do país veciño.
Este é o resultado final que queremos compartir con todos.






martes, 30 de abril de 2019

A praza de platerias

Praza de Platerías

Despois do moito que levamos investigado sobre as distintas prazas que rodean a catedral. 



Este é o resultado final da praza de platerías


Casa do cabildo

Con solo catro metros de profundidade e cunha finalidade puramente escenográfica na súa concepción (como pechamento de la Praza de Praterías), a Casa do Cabildo é un dos edificios máis singulares do casco histórico compostelán. É un dos máis fermosos exemplos da arquitectura barroca de toda a comunidade galega.


O centro desta praza está presidido pola fonte más hermosa da ciudade




ATorre do Reloxo


O portal de Platerías linda coa Torre do reloxo, que recibe o nome popular de ‘Berenguela’ porque foi o arcebispo Berenguel de Landoira quen acabou a súa  construción no s. XIV. Antes era un robusto cubo defensivo coroado de almenas, e a súa altura no superaba a posición actual do reloxo.

A torre alberga a maior das campas da Catedral, coñecida como Berenguela. Soa con un profundo “do” cando o reloxo , coa súa única agulla, marca as horas


A fachada renacentista do Tesouro, obra de mediados do XVI na que destaca a súa torre escalonada e o chamado esconce.



Museo das peregrinacións 

XENIAL RAPACES, SODES ÚNICOS!!

mércores, 24 de abril de 2019

Descobre que podemos ver na catedral de Santiago e exteriores


É momento que tanto esperabamos!!!
Entramos na catedral e temos que descubrimos o seu interior e exteriores, pero antes de entra investigamos:



Por que se coñece como unha catedral feita  de historia, tesouros e pedra.
Como se foi construíndo
Que podemos ver no exterior da catedral
Hai algunha lenda
Curiosidades: casa máis pequena de Santiago, horario e vida do campeneiro....

Enlaces 












Catedral de Santiago
A catedral

xoves, 18 de abril de 2019

O soño de Mateo: A creación do Pórtico da Gloria

Xa estamos en Santiago!!!!

Temos diante de nós a catedral!

E... as meestras estamos impacientes por que  descubrades o soño do Mestre Mateo feito realidade.

Estades listos? 



martes, 16 de abril de 2019

Tradiciones en el Pórtico de la Gloria

Orixe destas tradicións.


O ritual de introducir as xemas nun dos pilares remóntase á época medieval e está relacionado cos primeiro romeiros. A súa chegada, despois de tantas penurias, colocaban a man no pilar para apoiarse mentres contemplaban marabillados ao Apóstolo. Esta acción foi deixando unha clara pegada sobre a peza, polo que xa non está permitida.

En canto ó Santo dos Croques,  trátase dunha tradición fomentada polos estudantes da Universidade de Santiago. Fai máis de 4 séculos, comezaron a darse cabezazos, coñecidos  como croques (de 1 a 3) coa cabeza do mestre Mateo durante a época de exames para que lles pasara  a súa intelixencia e memoria. Mentres máis forte era o golpe, maior sería o efecto.



En vista de que algúns turistas, peregrinos e visitantes estaban dándose de cabezazos contra os santo e  que a  fronte do arquitecto axeonllado seguía enchéndose de graxa, tivo que vetarse esta práctica.
Todo co fin de resgardar a integridade da peza e evitar o seu deterioro, tamén está prohibida esta tradición.

Coñece o Pórtigo da Gloria

Catedral de Santiago de Compostela :Pórtico da Gloria
Cronoloxía  Finais S.XII,
Autor:Mestre Mateo e os seus discípulos
Material: mármore e granito


           Descrición iconográfica 

  


O Pórtico organizase en tres arcos,  ( os dous laterais carecen de tímpano) o da esquerda presenta escenas do Antigo Testamento, o central que é o máis coñecido presenta no tímpano o tema do Apocalipse e o do  arco da dereita o Xuíz Final  )  Lectura cronolóxica de  esquerda a dereita.

O gran arco central está dividido por un PARTELUZ  no que se pode observar de abaixo arriba : na  base  un home con barba que pode ser Adan, Sansón, Moisés ou Abraham  que abre a boca a leóns que actúan como respiradoiros da cripta inferior.







Nese mesmo parteluz pero na parte posterior atópase unha figura en actitude penitente e pénsase que é o mestre Mateo







No fuste represéntase ( de abaixo cara arriba)

A árbore de Jessé, suposto árbore xenealóxico de  Xesús



Un capitel co tema da Trinidad: pomba como  Espírito Santo e o Pai que sostén ao fillo que leva  o libro da Revelación.







O apóstolo Santiago en actitude acolledora;  adosado   ao fuste pero que parece unha figura exenta.

Por último un capitel co tema das tentacións  de Cristo.




No TÍMPANO aparece Cristo xuíz cos brazos abertos, mostrando  as súas iagas, e rodeado de S. Marcos ( león) S. Mateo ( caixa de impostos, alusión a súa condición de publicano), S. Lucas ( touro) e San Xoán ( aguia).






Na parte superior, a nosa esquerda  represéntase ó pobo de Israel  e a nosa dereita o pobo elixido.


Na parte inferior  anxos cos  símbolos da paixón  a columna , a cruz , a coroa de espiñas , a xerra de Pilatos, esponxa,  os cravos e a lanza e o azoute e o  martelo.





Na arquivolta   os vinte catro anciáns da Apocalipse con instrumentos musicais  dispostos en sentido radial e charlando en parellas.











No lado esquerdo do arco   represéntanse as herexías e nas xambas  os profetas  ( Isaias, Daniel, Xeremías) que sorrín e dialogan                                        
                                    

                                  












No lado dereito na parte superior os pecados capitais e un  anxo e debaixo nas xambas os apóstolos Pedro  coas chaves, Pablo cun libro, Santiago e Xoán mozo  sorrindo . 







Resumindo