martes, 16 de abril de 2019

Coñece o Pórtigo da Gloria

Catedral de Santiago de Compostela :Pórtico da Gloria
Cronoloxía  Finais S.XII,
Autor:Mestre Mateo e os seus discípulos
Material: mármore e granito


           Descrición iconográfica 

  


O Pórtico organizase en tres arcos,  ( os dous laterais carecen de tímpano) o da esquerda presenta escenas do Antigo Testamento, o central que é o máis coñecido presenta no tímpano o tema do Apocalipse e o do  arco da dereita o Xuíz Final  )  Lectura cronolóxica de  esquerda a dereita.

O gran arco central está dividido por un PARTELUZ  no que se pode observar de abaixo arriba : na  base  un home con barba que pode ser Adan, Sansón, Moisés ou Abraham  que abre a boca a leóns que actúan como respiradoiros da cripta inferior.







Nese mesmo parteluz pero na parte posterior atópase unha figura en actitude penitente e pénsase que é o mestre Mateo







No fuste represéntase ( de abaixo cara arriba)

A árbore de Jessé, suposto árbore xenealóxico de  Xesús



Un capitel co tema da Trinidad: pomba como  Espírito Santo e o Pai que sostén ao fillo que leva  o libro da Revelación.







O apóstolo Santiago en actitude acolledora;  adosado   ao fuste pero que parece unha figura exenta.

Por último un capitel co tema das tentacións  de Cristo.




No TÍMPANO aparece Cristo xuíz cos brazos abertos, mostrando  as súas iagas, e rodeado de S. Marcos ( león) S. Mateo ( caixa de impostos, alusión a súa condición de publicano), S. Lucas ( touro) e San Xoán ( aguia).






Na parte superior, a nosa esquerda  represéntase ó pobo de Israel  e a nosa dereita o pobo elixido.


Na parte inferior  anxos cos  símbolos da paixón  a columna , a cruz , a coroa de espiñas , a xerra de Pilatos, esponxa,  os cravos e a lanza e o azoute e o  martelo.





Na arquivolta   os vinte catro anciáns da Apocalipse con instrumentos musicais  dispostos en sentido radial e charlando en parellas.











No lado esquerdo do arco   represéntanse as herexías e nas xambas  os profetas  ( Isaias, Daniel, Xeremías) que sorrín e dialogan                                        
                                    

                                  












No lado dereito na parte superior os pecados capitais e un  anxo e debaixo nas xambas os apóstolos Pedro  coas chaves, Pablo cun libro, Santiago e Xoán mozo  sorrindo . 







Resumindo

Ningún comentario:

Publicar un comentario