Onte recibimos de novo a Asociación Piueiro,
en concreto a Tito, Tomás e Ventura.
Achegáronse para darnos unha
pequena charla sobre o taller que imos a facer para construír un compás.
Comezaron dicindo as utilidades e
usos que ten o compás, así como funciona usando para elo usaron a brúxula do móbil.
Pouco a pouco fórono explicando os diferentes materiais que imos precisar e como debuxar de diferentes formas a rosa dos ventos, segundo quixeramos por os puntos cardinais, ou
por octavos, cuartos….para poder iniciar a actividade.
A continuación, chegou a parte máis técnica da charla,explicáronos como temos que facer para montala e os pasos que temos que seguir.
Foi unha charla interesante que nos ilusionou moito1
Xa estamos desexando que chegue o luns para empezarrrr
Graciñas, Tito, Tomás e Ventura
Ningún comentario:
Publicar un comentario