xoves, 4 de abril de 2019

Ledicia Costas no cole!

No que vai de curso estivemos lendo varios libros de Ledicia Costas. 


Todos eles engancháronos case desde a primeira páxina. Ese mundo tenebroso dos defuntos, do máis alá, a cociña, as receitas, as aventuras, a intriga e o xeito de contárnolo foinos engaiolándonos pouco a pouco.


Fai unhas semanas, soubemos que ía achegarse ao cole para estar connosco e contarnos como escribe e algunha  das cousiñas que tanto nos gusta descubrir. 


Así que decidimos facerlle un mural para dicirlle canto nos gustan os seus libros.




E llegou o día! 
Hoxe, hoxe achegouse á biblioteca do cole, e recibímola  como se debe, con moita delicia ! 
A ela encantoulle!!!!



Xa na biblioteca comezou a charla. 

Contounos unha morea de anécdotas sobre os seus libros, que parte dos seus libros veñen das súas vivencias de pequena… 
Tamén nos confesou  que se divirte escribindo sobre todo o relacionado cos cemiterios,os defuntos, a santa compaña… e nese intre foi cando os nosos compañeros de 6ºA  sorprenderona co seu mural, que por certo, encantoulle.


A charla foi moi amena e nela descubrimos algúns dos seus próximos proxectos e vindeiras publicacións. 



Como non, tamén nos contestou a cada unha das preguntas que lle fomos facendo.

Deunos algún que outro consello: Ler moito e desfrutar coa lectura.  

E mesmo se sentou connosco para inmortalizar esta deliciosa visita! 






Como broche final asinou os libros e firmou no libro de visitas. 


MOITÍSIMAS GRAZAS LEDICIA, 
ESCOITARTE FOI UNHA DELICIA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario