martes, 9 de abril de 2019

Que será?

Ben sei que sodes uns investigadores incansables, e como estamos moi, moi pretiño de Santiago,  permítome o luxo lanzar este novo reto!

Está aí desde fai séculos, é unha xoia monumental con atractivo de sobra para que as viaxes kilométricas non importen aos seus visitantes. 

Xa sabes de quen falamos?

Outra pistaaaa

É o maior templo románico de España,  esconde 

unha morea de segredos que nunca estará de máis 

coñecer.

Se xa sabes de quen falamos… investiga para coñecer as respostas

Que é?
Por que é especial?
Cando se construíu?
Quen foi o mestre Mateo?
Canto mide?
Por que é tan alta e esvelta?
Cantas capelas ten?
Que é a Berenguela?
E certo que nela vive unha pantasma?
Por que a súa praza se chama Obradoiro?
Pódese pasear polos seus tellados?

Bo camiño pola investigación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario