Tomás e Ventura, membros da
Asociación o Piueiro, achegáronse a nosa aula para explicarnos paso a paso a
construción dun compás.
Antes de comezar, amosáronnos un
compas moi antigo e cargado de moita historia polas horas de uso que ten.
Chegou o momento de pornos en
acción¡¡¡
Comezamos a
construír a caixa para o compás. Primeiro montámola para asegurarnos que todas as pezas encaixaban.
A continuación, a montaxe……pegar, encaixar, suxeitar con goma para que non se movan as pezas mentres seca a cola.
E chegou o momento da parte máis delicada, a preparación do soporte no que irá a rosa dos ventos e os imáns.
Pero antes tivemos que colocar a agulla de latón na caixa de madeira, xa que é o soporte no que colocaremos o capichel xunto coa rosa dos ventos.
Tivemos realizar medicións para colocar os imáns e así equilibrar a rosa dos ventos o máximo posible.
Non foi doado conseguir o
equilibrio pero, despois de varios intentos, finalmente o logramos¡¡
E para rematar a actividade no
día de hoxe, buscamos o Norte coa axuda doutro compás e comprobamos se tiñamos
ben a orientación coa brúxula do móbil. así rematamos a parte técnica quedando
a parte artística para outra sesión.
Tanto Ventura coma Tomás que son uns mariñeiros moi experimentados, lograron espertar en nós o interese e curiosidade para lograr que esta actividade tan interesante e instrutiva fose un éxito total.
MOITISIMAS GRAZAS POR ESTA EXPERIENCIA TAN MARABILLOSA¡¡¡
Ningún comentario:
Publicar un comentario