A piques de rematar o curso, como cada ano, hoxe fixemos o
festival!
A temática deste curso é a mesma que a P.D.I. “Vive o Camiño" nela descubrimos o Camiño Portugués pola costa.
Comezamos a actuación representando GALITRONIC Ao mesmo tempo que uns alumnos pintaban a
catedral de Santiago ( que sería a decoración de todo festival) outros facían o
baile.
E chegan os
pequerrechos do cole,os nenos de tres anos!
Interpretaron
acompañados das cunchas a peza musical
ANDANDO, fixérono xenial!!!
Con claves,
caixas chinesas, carilón, metalófonos, pratos, frautas, pandeiros e triángulos,
33 alumnos de todos os cursos de primaria interpretaron estupendamente O SON DO
CAMIÑO
E o coro do cole non podía faltar!
Interpretaron dúas pezas que nos deixaron apanpados do ben que o fixeron.
- ANDIVÉCHESTE ALABANDO
- TIEMPO CON TIEMPO
Non podía faltar algo medieval! 33
alumnos mesturados de primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto de primaria,
interpretaron o ROMANCE DE DON GAIFEROS
DE MORMALTÁN
E coma en toda
celebración sempre hai unha sorpresa!
E… aquí a temosss. MI TIERRA, nela participan 29 alumnos de
todos os cursos de primaria e A PROFE ROSA como parella de IVÁN!!!
Foi unha
actuación que nos engallou a todos!!!
De seguido, algo
máis relaxado: CANTIGA Nº 100.
No escenario,
paos chinese, crótalos, frautas,metalófono, bombo,pandeiros, triángulo e , 45
compoñentes de primaria con Rosa ao
piano interpretaron a obra esplendidamente.
E para rematar, os alumnos de 6º de primaria, quixeron dedicarnos un baile coa música L GOTTA FEELING como a súa despedida do cole.
Foi unha xornada chea de nervios, pero coa que desfrutamos unha morea.
E esta foi a respostas dos alumnos e profes o rematar o festival
RO- SA! RO- SA! RO-SA!
Grazas Rosa por esta maravilla de festival!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario