xoves, 23 de maio de 2019

A reportaxe



Introdución
  A reportaxe é un xénero xornalístico que permite analizar e ampliar a noticia. Mediante a investigación, explica as circunstancias que a rodean co obxectivo de profundizar en cuestións relativas ao “cando”, “onde”, “como”, “por que”, “quen” ou “que” orixinou esa noticia.
 Pode ser simplemente informativa ou combinar información e interpretación; neste último caso inclúe o punto de vista do xornalista.
 Na reportaxe as actuacións dos protagonistas deben ser espontáneas, sendo desexable a presenza física do xornalista no lugar dos feitos para a realización de entrevistas ou enquisas.
  Pode integrar calquera posibilidade narrativa: texto, imaxes, son ou vídeo.
 Estrutura

 A reportaxe debe incluír tres apartados:

1.    Titular: é a frase ou oración que presenta a información.

2.   Entrada ou “lead”: é o parágrafo que resume a esencia da información. Inclúe os datos do autor/a e pode conter declaracións.

3.    Corpo: é a explicación da información con máis detalle. Organízase en varios parágrafos e pode empregar todo tipo de material audiovisual complementario (imaxes, vídeos, etc.). Adoita comezar coa presentación e contextualización dos feitos e seguir co relato cronolóxico do seu desenvolvemento, combinando datos esenciais e complementarios. Remata cun parágrafo de resumo e conclusión.

 A linguaxe periodística pretende, ante todo, informar. É, polo tanto, funcional. Debe ser clara, obxectiva, precisa e facilmente comprensible para o lector.



Ningún comentario:

Publicar un comentario