Hoxe tivemos
unha xornada de Educación Viaria a cargo da Dirección Xeral de Tráfico e da
Garda Civil de Tráfico de Porriño.
A primeira das actividades que nos tiñan preparadas, foi unha charla moi interesante e intensa, polo do sarxento Daniel Castelo. Nela foinos explicando e recordando moitas das normas de seguridade e sinais de circulación que temos que coñecer e cumprir tanto cando imos cos nosos pais e avós no coche, cando imos en bici e mesmo cando somos peóns.
A seguinte
das actividades, era un circuíto que nos tiña montado no patio a DXT. Tivemos que
esperar un pouco a que a remataran os compañeiros de 5º
En canto
remataron, rapidamente nos puxemos os chalecos, cascos e aos karts… cintos postos
e a conducirrr!!
Con esta
experiencia, démonos conta da importancia das sinais de tráfico, da atención
que temos que ter sempre para evitar accidentes.
Para rematar
a xornada, os gardas civís Miguel e Miguel Gil, estaban esperándonos cos seus
vehículos de traballo, un coche de tráfico e unha moto.
E como remate, subimos a motooooo e.....
a profe tamén!!
Que divertido foi descubrir que teñen megafonía, que solo son para unha persoa porque tamén levan unha emisora e megafonía.
Foi un éxito
total!!!!
Solo nos
queda dar as grazas a DXT e a Garda Civil de Tráfico por deixarnos ter esta
xenial experiencia!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario