Amosando publicacións coa etiqueta Pintamos con Salvador Dalí. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintamos con Salvador Dalí. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de outubro de 2018

Pintamos bodegóns!

Levamos dúas semanas traballando con Salvador Dalí. Descubrimos a súa biografía, que por certo, nos sorprendeu moitísimo. Foi un home moi polifacético xa que ademais de pintor foi escultor, escritor…
Seguiremos investigando sobre este xenial pintor.
Intetamos reproducir un dos seus bodegóns  fixándonos moito nos claros e oscuros e na luz.

Así fixemos os nosos bodegóns!

Quedaron xeniais, verdade? Nós estamos orgullosossss

xoves, 4 de outubro de 2018

Pintamos con Salvador Dalí

Salvador Dalí  é un pintor  moi especial.

Investigade un chisco sobre a súa vida e obra. Seguro que vos sorprendedes!!!




Neste pequeno conto iremos descubrindo a súa vida, como empezou a pintar…. e, convídanos a pintar con el. Clica na imaxe e nos enlaces
A súa obra 
Obras de Dalí



Non teñades medo a pintar con este fenómeno de pintor, pouco a pouco iredes completando e ilustrando o seu conto. Seguro que o ides facer xenial!

Veñá pintores, demostrade  a vosa valía!!!