Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz 2018. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz 2018. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de xaneiro de 2018

Celebramos o Día da Paz

Durante a semana pasada estivemos traballando A PAZ

Lemos o conto:  Unha espada moi especial.

Como nos gustou tanto, decidimos ilustralo e interpretalo, simulamos ser cantadores de contos!

Finalmente decidimos gravalo e compartilo con todos!





 Estamos moi contentos e satisfeitos !!!

Este é o resultado final. Esperamos que vos guste tanto como a nóssss


xoves, 25 de xaneiro de 2018

Mural para a Paz

Xa temos invetigado sobre algúns dos símbolos mundiais da paz. Escollemos un deles, seguindo as indicacións do Equipo de biblioteca, e decidimos facer este mural conmemorativo.

Estes foron os pasos:

Investigamos, recortamos, preparamos fondo...








deseñamos e realizamos


Eliximos lema

E.... este é o resultado final! Gustavos? A nós encántanosssss



luns, 22 de xaneiro de 2018

Poesia pola paz

Vamos a analizar esta poesía

Vídeos pola Paz

Curta animada ambientada na guerra de Corea (1950-1953) dende o punto de vista de Manuk. O contraste entre a realidade e a inocencia do neno está tan ben conseguida que logra que o espectador experimente a súa visión do mundo. 




Dialogamos 



Que pasa cando somos quen de compartir?


Conto: Unha espada especial

Durante esta semana conmemoraremoso Día Internacional   da Paz 

Faremos algunhas actividades:
  • Para reflexionar  e descubrir algunhas accións que nos farán pararnos a  pensar
  • Como podemos contribuír nós a esa ansiada paz
Esta vai ser unha delas! 


Ler, comentar, debater, opinar e ilustrar o conto: Unha espada especial

Había unha vez unha fermosa espada que nunca saíra do palacio onde vivía. Pertencía a un gran rei e, desde sempre estivera no palacio participaando nos seus  entrenamentos e demostracións.. sentíase moi, moi orgullosa. Ata que un día,  xurdiu unha enorme discusión  entre a súa maxestade e o rei do país veciño. Terminou cunha declaración de guerra entre os dous países.

En canto se enterou, a espada estaba súper emocionada co que ía ser a súa primeira participación nunha batalla de verdade! Demostraría a todos o valente e especial que era!!!!  E gañaría unha gran batalla.

Mentres ía camiño da fronte, estivo  imaxinándose vencedora de moitos combates. 
Pero, cando chegaron, xa se producira a primeira batalla e a espada puido ver o resultado da guerra.

Aquilo non se parecía en nada ao que ela tiña imaxinado! nada de cabaleiros limpos, elegantes e triunfadores coas súas armas relucentes; alí solo había armas rotas e fendidas , e moitísima xente sufrindo, fame e sede; todo estaba cheo de lixo, envolto no cheiro máis repugnante. Moitos estaban medio mortos e tirados polo chan, e todos sangraban polas súas feridas...

Entón, a espada, deuse conta de que non lle gustaban as  guerras nin as batallas. ela prefería estar en PAZ,  dedicándose a participar en torneos e concursos polo que a noite anterior á gran batalla ideou unha forma de impedila.

Finalmente, púxose en acción! Empezou a vibrar... ao principio emitía un pequeno zumbido, pero... pouco a pouco o son foi medrando hasta converterse nun  molesto son metálico...
As espadas e armaduras, do resto dos soldados, preguntáronlle a espada do rei que estaba facendo, e díxolles:
- Non quero que haxa batalla ningunha  mañá!  Non me gustan as guerras!

- A ninguén nos gusta , pero que podemos facer?

- Vibrar como fago eu. Se facemos suficiente ruído ninguén poderá durmir!!

Entón as armas, empezaron a vibrar, o ruído foi medrando hasta facerse enxordecedor. Fíxose tan grande, que chegou hasta o campamento dos inimigos, cuxas armas, fartas tamén da guerra uníronse a gran protesta.

Á mañá seguinte, cando debía comezar a batalla, ningún soldado estaba preparado. Ninguén conseguira durmir, nin un chisco, nin sequera os reis e xenerais, así que pasaron o día durmindo. A tardiña, ao espertaren, decidiron deixar a batalla para o día seguinte.
Pero ao día seguinte..., e ao seguinte... e ao seguinte... e así  durante sete días, as armas, lideradas pola espada do rei, pasaban a noite entoando o seu canto de paz. Os soldados que non podían descansar, aprazaban  cada día a batalla!

Ao atardecer de sétimo día, os reis dos dous bandos reuníronse para solucionar aquela situación. Ambos estaban moi enfadados pola discusión causante da guerra, e ao pouco de estaren xuntos comentaron o sucedido: o ruído das espadas, as noites en vela, a estrañeza dos soldados, o desconcerto do día e da noite e as divertidas situacións que se viviron. Tan divertidas eran as historietas que, ao pouco, ambos rían amigablemente.

E así, falando e rindo, esqueceron as súas antigas discusións e puxeron fin á guerra. Cada un voltou ao seu país coa ledicia de non ter que loitar e de teren recuperado un amigo. De cando en vez reuníanse para comentar as súas aventuras como reis, comprendendo que eran moitas máis as cousas que os unían que as que os afastaban.

E dende aquela sempre reinou a paz entre os seus reinos.

venres, 19 de xaneiro de 2018

El origen y significado de los símbolos de Paz


La paloma blanca

La paz interpretada por una paloma blanca llevando un ramo de olivo en su pico tiene un origen milenario y está fuertemente ligada a la cultura judeo-cristiana. En el Viejo Testamento Noé lanza una paloma blanca con el fin de encontrar tierra tras la inundación, al cabo de un tiempo la paloma regresa al Arca con un ramo de olivo en su pico significando que la inundación había acabado y que por ende Dios estaba de nuevo en paz con la humanidad. 
Ahora la paloma blanca puede representar dos tipos de paz: Si se la representa con el ramo de olivo en su pico simboliza el deseo de mantener la paz ya alcanzada; mientras que si se la simboliza volando, como por ejemplo en los actos donde se lanza una paloma blanca al aire, simboliza el deseo de alcanzar la paz al enviar un mensajero que la transmita.

El CDN signo hippie, su origen y significado




El CDN -Se popularizó en los 60 y 70 especialmente en el Reino Unido con la cultura y el movimiento hippie, tras comenzar a ser utilizado contra la guerra en general por el movimiento hippie y las protestas contra la Guerra de Vietnam a lo largo del mundo. 
Diseñado por el artista británico Gerald Holtom en 1958 como el emblema de una de las mayores marchas antinucleares de la historia, la cual partía a la Catedral de Canterbury en protesta del AWRE -Atomic Weapons Research Establishment- emplazado en Aldermaston ese mismo año, el símbolo CDN está fuertemente ligado al de la paloma blanca. Si observamos bien las líneas representan la pata de la paloma y el circulo la Tierra, simbolizando de esta manera la paz mundial.

xoves, 18 de xaneiro de 2018

30 de xaneiro: Día escolar da non violencia e a paz

A vindeira semana traballaremos especialmente a celebración da NON VIOLENCIA E A PAZ.

Desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da non violencia e a paz. En 1993,a ONU recoñeceu  esta celebración.
As mestras, ocorréusenos que quizais poidades resolver algunhas preguntas. Que vos parece?

Poderiades axudarnos a buscar información e responder en comentarios desta entrada

1.- Saberías dicir por que  se elixiu esta data?
2.- Esta data está relacionada con algún personaxe histórico?
3.- En caso afirmativo, de quen se trata?, que defendía?, que fixo que se fixera tan importante?
4.- Por que se representa a paz cunha pomba ou con este símbolo        




Estade atentos! 
Ao longo da semana iremos colgando algunhas propostas audiovisuais, de información e de lectura alusivas ao tema da paz e a resolución pacífica de conflitos. 

Mestras escoita esta fermosa canción