Amosando publicacións coa etiqueta novas 6ª. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas 6ª. Amosar todas as publicacións

mércores, 12 de setembro de 2018

Primeiro día do novo curso, primeira actividade: regamos as árbores do patio!!!!

Xa estamos de volta, todos xuntos e dous novos compañeiros: Daniela e Iván.


Contámonos como o pasamos no verán, colocamos libros, e… imos coa a primeira actividade ! 

Regamos as árbores

Xunto co profe Gil, baixamos ao patio para regar as árbores da plantación que fixemos o curso pasado.

Despois fomos ver como estaba o composteiro! Todo estaba desfeito, e preparado para sacalo, vacialo e  gardalo hasta que cheguen as primeiras choivas, para usalo como abono.