luns, 1 de outubro de 2018

Taller de ortografía


Este é o  noso taller de ortografía.

Para reforzar e mellorar a nosa ortografía, traballámola case todos os días tanto en lingua castelá como galega.

Como o facemos?


Cada semana eliximos unha norma ortográfica. Na casa temos que buscar cinco palabras que cumpran a norma. Non as podemos escribir en ningures, temos que telas nas nosas cabeciñas.



















Que facemos coas palabras?
Cando chegamos a clase collemos un papeis de cores e escribímolas.














Compartímolas cos nosos compañeiros e, como estamos moi atentos, as repetidas xa non as dicimos e quedan eliminadas.


Para que nos serven?

Para RECORDALAS E CONSULTALAS sempre que o desexemos porque as pegamos no seu recuncho.



E… para finalizar a terefa facemos ditados desas palabras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario