domingo, 21 de outubro de 2018

Pintamos na galaxía" A Guarda escrita nas estrelas


O pasado venres, participamos no pintado do espigón, unha actividade do proxecto “ A Guarda escrita nas estrelas”

Os seus autores  Nuria e Alberto estaban esperándonos! 


Nuria contounos que  a súa  intención era plasmar no dique  unha galaxia no universo a que lle puxeron o nome “ A Garda escrita nas estrelas” Tamén nos explicaron  porque  pintaron o muro de cor azul: querían  que fose unha fusión entre o ceo e o mar.

Foi explicándonos  que  no muro están representadas as parroquias da Guarda, Salcidos e Camposancos cos seus elementos máis representativos, as Marcas dos mariñeiros e as estrelas que forman esta galaxia.



Así mesmo, non se quixeron esquecer da parte literaria, recordando ao poeta  guardés, Feliciano Rolán cos frases do seu libro “  De mar a mar”


A nosa aportación foi moi sinxela pero emocionante. Pintamos con sprai e usamos plantillas. 

Non puidemos pasar sen facer unhas fotos xunto a rosa dos ventos 

e ao dono do porto, un cormoran que vive nel. 




 Xa temos a nosa pequena aportación neste enorme escaparate cargado de historia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario