luns, 22 de outubro de 2018

Imos celebrar o Día das Bibliotecas

O vindeiro mércores, aproveitamos a celebración do Día das Bibliotecas Escolares para Inaugurar un novo curso na nosa  BiblioPepiño.  Volvemos á rutina!

Volvemos  a nosa biblioteca tanto pequenos como grandes, para elixir  novos libros, para non parar de ler. 

O luns, comezamos as actividades para celebralo!

Recordade sempre:

A biblioteca é un espazo máxico para a ciencia, para a imaxinación, para a investigación, para aprender, para ler….




Agora tocan novos descubrimentos!


Cada visita á biblioteca é coma o inicio dunha gran viaxe.



Ven á biblioteca, elixe libros, le un ratiño, lévao emprestado para casa e alí, sigue lendo.


E... recordade que os pequerrechos do cole precísanvos para camiñar entre os libros, por eso ides a ser os axudantes da biblio, os seus padriños e madriñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario