Entre as tradicións máis antergas e con certo arraigo no mundo celta
está o SAMAÍN que no mundo
anglosaxón chámanlle HALLOWEEN.
Esta celebración, de orixe celta, foi
levada polos emigrantes irlandeses a América, pero significa moito máis que
unha noite de medo, é unha celebración moi ligada á natureza e chea de
simbolismo.
Samaín significa fin do verán e
comezo do inverno, era unha das datas máis importantes no calendario celta que
eles chamaban " roda do ano solar"

Segundo
as investigacións do mestre López Loureiro, sabemos que esta tradición
estendeuse por toda a xeografía céltica europea
e no caso de España concretamente en Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi cambiada polas
cabazas con candeas acesas e deste xeito
nunha festa de outono, algo que
poderíamos definir como un Antroido de medo. O Samaín foi levado polos
emigrantes a terras americanas e de aí a súa evolución a Halloveen. polo tanto
Samaín e Halloween teñen unha raíz irlandesa común.
Uns séculos máis tarde a igrexa católica quixo
cristianizar esta festa pasando a celebrarse o Día de Defuntos. En Galicia
celebramos ambas costumes.
Pero... xa que tamén estamos traballando no Proxecto "Vive o Camiño", hai algún elemento común entre estes dous temas tan dispares?
Investiga!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario