Despois das vosas
investigacións, sabedes que a nosa galaxia
A Vía Láctea tamén é coñecida por “ CAMIÑO DE SANTIAGO”, Camiño de estrelas, A
escaleira de Santiago…
Este proxecto
ábrenos unha infinidade de posibilidades de traballar ao longo do curso e
aprender unha morea de cousas nas distintas áreas e os seus contidos.
Arrancamos coas
lendas máis notables na nosa cultura que lle dan nome ao Camiño de Santiago.
Unha identifica a Vía láctea co
regueiro de leite da deusa Hera desparramada polo ceo cando se negou a
amamantar a Hércules neno.

QUE SABEMOS? QUE
QUEREMOS SABER?
Hai un único
Camiño?
Desde cando se
percorre?
Por que se fai?
Que sabedes del?
Estas son
algunhas das preguntas que vos fago, vós teredes que facer cantas consideredes
e entre todos tentaremos descubrir as respostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario