Refráns
e ditos galegos
Estos algún dos moitos refráns populares nosos.
Imos facer unha pequeña recompilación deles, para iso precisas
da axuda dos teus país, avós, `padriños…
Teredes que recollelos e explicalos coas vosas palabras e cubrir
unha ficha con eles.
“Nunca choveu que non escampara”: esta
expresión é unha maneira optimista para dicir que ningún problema dura para sempre.
Algo así como “Non
hai mal que cen anos dure” ou “Despois da tormenta sempre ven a calma”.
“Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale”: este refrán dicímolo cando non queremos que abusen da nosa amizade ou confianza.
“Xente nova, leña verde, todo é fume”: O
dín xeralmente as personas maiores, para dicir o pouco compromiso, traballo, axuda e colaboración por parte da
xente moza.
Seguro que conseguides unha morea deles!!!
Ánimo rapaces, a por eles!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario