Tivemos unha posta en
común na que estivemos falando sobre o que coñeciamos sobre o Camiño de
Santiago e descubrimos que hai unha morea de cousas que non sabemos e que
queremos descubrir.
Esta é a nosa lista
inicial:
- Por que se fai o camiño: relixión, cultura ou outros motivos.
- Quen foi o primeiro peregrino?
- Cal foi o primeiro dos camiños?
- Cando e por que se empezou o camiño a Santiago
- En que século se fixo maior número de peregrinacións?
- Por que se fixeron variantes do camiño inicial?
- Que camiño é o máis popular? E o máis curto?
- Que é a Compostela?
- Cales son as comidas máis típicas do camiño?
- Que igresa é a máis visita despois da Catedral de Santiago?
- Que equipamento precisan os peregrinos?
- Hai algún xogo relacionado co camiño?
- Cales son os símbolos típicos do peregrino e do camiño?
- Que é o Códice Calixtino?
- Refráns, lendas, poemas, noticias e curiosidades sobre o camiño.
Entre todos tentaremos buscar información e resolvelas todas e seguro que irán aparecendo novas preguntas ao longo do Proxecto!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario